MUNDIAIS DE PIRAGUISMO HUNGRÍA 2011: 64 CENTÉSIMAS SEPARAN A BORJA PRIETO DA CITA OLÍMPICA

79

Hoxe a mañá nos Campionatos do Mundo de Piraguismo que se stán a disputar en Szeged (Hungría) tivo lugar a proba de K4 1000 metros na que participou o pontés Borja Prieto.
As regatas preliminares eran as máis doadas, dos 31 barcos participantes, clasificaban 27 e so catro quedaban fora, que foron India, Hong Kong, Armenia e Kirguizistán.
Das catro series, a de Borja foi a última, e quedaron de terceiros, cun relaxado tempo de 3:10:60, por detrás de Australia e Alemaña, e por diante de Arxentina, China, Cuba e Kirguizistán. Pasaban os seis primeiros de cada regata máis os tres mellores tempos.
Xa nas semifinais, poñíase todo en xogo, 27 barcos distribuidos en 3 semifinais con 9 embarcacióins en cada unha e so clasificaban á final, e polo tanto, ós Xogos Olímpicos, os tres primeiros de cada unha.
Na primeira, a máis “doada” das tres, venceu Australia, seguida de República Checa e Dinamarca, quedando fóra o campión olímpico Bielorrusia e tamén Italia.
A segunda serie, a máis complicada de todas, deparou a clasificación de Alemaña, Eslovaquia e Rusia, quedando fora o campión do mundo Francia, e outros “gallitos” como Ucrania ou Polonia.
Na terceira semifinal, a de Borja, ás 13:20, coa retransmisión de Eurosport, a local Hungría saiu dominando, con España na segunda posición nos primeiros 250 metros, pero na transición entre os 250 e os 500 metros a embarcación española sufriu un baixón, pasando á quinta posición con moitos metros perdidos con respecto ós catro barcos de diante.
No último treito de carreira, a partir dos 750, apretaron os dentes e chegaron remontando, e bastante, pero faltaronlles uns metros pra conseguilo, estiveron a un paso.
Hungría venceu con solvencia (3:05:70), segunda a sorprendente Serbia (3:06:42), os serbios hai dous meses albergaron o Campionato de Europa e conseguiron preparar un bo barco, terceira Rumania (3:07:10), bronce no pasado Europeo. O campión europeo Portugal acabou cuarto (3:07:41), quedando tamén eliminado, e quinta foi España con 3:07:74. Xa máis atrás quedaron Cuba, Kazajistán, Canadá e Indonesia.
k4-espana.jpg


Boa mostra da enorme competencia foi a eliminación do campión olímpico Bielorrusia, o campión mundial Francia e o campión europeo Portugal.
Pra a final de mañá, os nove clasificados olímpicos, por Europa, oito, R.Checa, Dinamarca, Alemaña, Eslovaquia, Rusia, Hungría, Serbia e Rumania, e por Oceanía, Australia. Felicidades a todos eles.
Na final B de mañá estará en xogo a outra praza olímpica, a décima, que se disputará entre Arxentina, Cuba e China, por continentes. Acompañarán na final de consolación os países europeos de Italia, Bielorrusia, Ucrania, Polonia, Portugal e España, nunha final B de case tantos kilates como a final A.
Unha vez máis, Borja Prieto e As Pontes, quedan a un pasiño da cita olímpica, pero con moito orgullo.
Nova cortesía de Xose Ferreiro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios