RIBADEUME CELEBROU AS FESTAS DA ASUNCIÓN

60

Deveso e Ribadeume foron unhas das máis de 250 vilas, parroquias e aldeas de Galicia que celebraron as súas festas patronais a pasada fin de semana.
En Ribadeume, que este ano “botou a casa pola ventá”, tiveron catro días de festa, comezando o venres cunha verbena a cargo das coñecidas orquestras Trébol e Trovadores. A xornada do sábado iniciouse con bombas de palenque, seguida de misa e procesión e a sesión vermú co grupo musical Ilusión, que tamén estivo na verbena acompañado da orquestra Juan Mallo.
O domingo amenceu con chuvia, que persistiu durante toda a xornada o que impediu a saída da tradicional procesión. A misa foi cantada pola Rondalla de Cariño, que ofreceu un pequeno concerto ó final da función relixiosa con varias pezas do seu repertorio. Na sesión vermú e na verbena puxo a música o orquestra Super Fama.
O derradeiro día das festas, con sol e calor, comezou coa misa seguida da procesión, para rematar cunha sesión de fogos e a sesión vermú co grupo Ilusión.
ribadeume


A PARROQUIA DE RIBADEUME
Ribadeume, ata 1983 parroquia do concello da Capela, recibe o seu nome pola súa situación en relación ó Eume, río que rega o leste da parroquia, ademais do de Maciñeira e os regos do Castro, Porto do Liño e Pena de Traste. Ocupa uns 14 quilómetros cadrados de terreo montañoso, destacando o pico de Montouto (566 m), agás unha pequena meseta na parte norte que fai de atalaia cara o río e val do Eume, onde viven á maior parte dos seus 217 habitantes.
Comprende as aldeas das Seixas, O Cameleiro, Espá, A Folla Branca, A Fraga dos Cregos, As Gañidoiras, Pena de Traste, Roidiz, As Seixas, Os Ucedos e O Campo, núcleo de poboación que agrupa os lugares da Villerma, A Carreira, O Castiñeiro, O Cotillón, Os Castros, A Corredoira, O Petouto e A Pedra do Couto. Están deshabitados A Graña, O Raque e Viador.
É unha parroquia con abundancia de castros, os chamados de guarnición común moi abundantes na comarca. A igrexa parroquial tivo varias reformas e a súa espadana, de dúas campás, é do século XVIII. Á carón súa hai un cruceiro e un sartego paleocristián. Na praza principal do lugar hai un interesante cruceiro construído no ano 1863.
ASÍ ERA RIBADEUME EN 1845
O dicionario enciclopédico Madoz na páxina 1149 refírese a Ribadeume do seguinte xeito: “Feligresía en la prov. de la Coruña (9 leg.), dióc. de Santiago (15), part. jud. de Puentedeume (4) y ayunt. de Capela (1 ½). SIT. Entre montañas sobre la márg. der. del r. Eume. CLIMA frío y sano; tiene 69 casas en los l. de Espá, Piedra do Couto, Cameleiro, Castiñeiro, Carreira, Corredoira, Villermá, Pena de Traste, Ucedos, Roidiz, Ganidoiras, Fraga dos Cregos y Viador, que cuentan con varias fuentes de buen agua. La igle. parr. (Sta. María) es matriz de la de Santiago de Bermuy. Su térm. confina por N. con San Pedro de Eume, E. Faeira, S. r. Eume, y O. Bermuy. El TERRENO es quebrado y de madiana calidad con bastante arbolado; los CAMINOS vecinales y malos y el CORREO se recibe en la cap. de part. PROD: maiz, centeno, trigo, mijo, avena, patatas y legumbres: cria ganado vacuno, caballar, lanar, cabrio y de cerda: hay perdices, liebres, zorros, corzos, lobos y jabalíes. IND: la agrícola, hacer carbón y maderas para embarcaciones que esportan para el Ferrol y Puentedeume. POBL: 67 vec., 369 almas. CONTR: con su ayunt. (v).”
Ribadeume (As Pontes), 16 de Agosto de 2011 (AF)
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
ribadeume
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios