Mundiais de Piraguismo Hungría 2011. España finaliza 16ª, Alemaña ouro, Australia prata, Rusia bronce.

62

Unha vez conseguidas as prazas olímpicas para o continente europeo na xornada de onte, na de hoxe estaba en xogo na Final B o orgullo e a intención de quedar o máis adiante posible por calquer tipo de circunstancia inesperada, aínda así había tres embarcacións que se xogaban o último billete olímpico, China, Arxentina e Cuba, por continentes.
A Final B foi un carreirón dos italianos, que onte quedaron a un paso da Final A, e fixeron un tempo de 2:49:76, en segunda posición, e a dous segundos exactos, quedaron os campións europeos Portugal (2:51:76), terceira China (2:52:56) e polo tanto último billete olímpico para eles, cuarta Ucrania (2:52:66), quinta Arxentina (2:54:17), coa mel nos beizos, sexta Polonia (2:54:72), séptima España (2:55:49), que pagou a decepción de onte, oitava Cuba (2:57:42) e Bielorrusia non tomou a saída.


Xa na Final A celebrada dúas horas despois, coa competencia lóxica da disputa das medallas, pero coa tranquilidade da garantizada clasificación olímpica, impúxose Alemaña (2:47:73), por diante de Australia (2:48:72) e Rusia (2:49:51).
Por detrás quedaron 4º Eslovaquia (2:50:02), 5º Rumania (2:50:35), 6º Chequia (2:50:43), 7º Hungría (2:50:50), 8º Serbia (2:52:68) e 9º Dinamarca (2:53:98).
Na delegación española, ademáis da prata conseguida onte polo gran David Cal en C1 1000 metros, para a xornada de mañá hai esperanzas no relevo do K1 200 (Perucho/ Craviotto/ Andrés/ Saies), o K2 200 (Perucho/Craviotto e Smidakova/Manchón), o k1 200 con Teresa Portela e o C1 5000 con Jose Luis Bouza.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios