Resultados do Grupo Xuvenil As Pontes no fin de semna do 20 e 21 de agosto.

49

Este fin de semana o clube local desprazouse por partida doble, o sábado as categorías superiores desprazaronse ata a localidade coruñesa de Betanzos con 10 palistas, onde disputaron o campionato galego de travesías nun circuito de 14kms., o clube acadou o posto 19º dun total de 40 clubes. Como resultado máis salientable destacar o 1º posto no k1 home senior acadado por Antonio Polo Campello(bolseiro do Concello de As Pontes), con doble merito, xa que arrastra unha lesión que non lle permite adestrar coa calidade que deberá.
Xa na xornada dominical, o clube disputaba o campionato galego infantil na localidade pontevedresa de Berducido, no encoro de Pontillón de Castro, onde aportou 3 palistas, acadando Raquel Bejar Castro a 13ª posicion en dama infantil B k1, Rául Tojeiro García a 16ª posición, e Edel Antonio del Valle Martinez a 43ª posición, ambos no home infantil A k1, entrando todos eles nos extrictos controis de tempo impostos para esta competición e deixando ó clube na 23ª posición dun total de 36.
Hoff-k1.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios