O CABREIROS GAÑOU O I TROFEO MANUEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ ANTE O XERMADE (0-0, 4-2)

187

A SDC Cabreiros alzouse co I Trofeo Manuel González Fernández de fútbol, de Xermade, e no que participaron os cinco clubs federados do concello. Esta foi a décimo terceira edición deste torneo que creou o falecido Manuel González Fernández, ex alcalde de Xermade.
O equipo de Cabreiros chegou á final logo de eliminar ós conxuntos de Cazás e Momán, mentres que o Xermade superou na semifinal ó Roupar.
O encontro, disputado este domingo no Municipal de Xermade ante uns 350 espectadores, tivo emoción ata o final con dous equipos que buscaron a vitoria e que tivo que decidirse na quenda dos penaltis, xa que o tempo regulamentario rematou sen goles, aínda que houbo ocasións para os dous equipos tanto na primeira parte coma na segunda. A primeira sería para Pellón ó cuarto de hora e cinco minutos máis tarde Iago só ante Ledo enviou o balón alto e noutro lanzamento posterior mandouno ás mans do porteiro de Cabreiros. No minuto 35 Manel enviou un disparo ó longueiro. Xa nos minutos finais, un disparo de Fran sae desviado e Toni, do Xermade, no chega a controlar un centro dende a dereita.
No segundos corenta e cinco minutos o Xermade, que contaba cun home menos trala rigorosa tarxeta vermella ó central Set no minuto 32 de partido, levaba a iniciativa, aínda que as primeiras ocasións serían para o Cabreiros. Iago, no minuto 30 deste segundo tempo, lanzou un disparo que detivo Carlos sen complicacións. Xa no tempo de desconto, Vilaboy executou unha falta dende fóra da área, pero o seu potente disparo saíu lamendo o poste dereito da portería de Marcos.
Na quenda dos penaltis estiveron moito máis atinados os de Cabreiros, que marcaron os catro lanzados (Fran, Pellón, Víctor e Pablo) sen necesidade de executar o quinto, mentres que polo Xermade, Vilaboy lanzou fóra o primeiro, mentres que marcaron Toni e Narciso e o cuarto de Luisma parouno o meta Carlos.
Ó remate do partido, o alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez, fixo entrega dos trofeos a tódolos equipos participantes.
trofeo_001.jpg


SDC XERMADE: Marcos, Hugo, Luisma, Toni, Set, Manuel (Adrián 75), Esteban, Óscar (Narciso, 75), Yago (Eloy, 88), Vilaboy e Íñiguez (Lucho, 65). Adestrador: Felipe Mieres.
SDC CABREIROS: Ledo (Carlos, 46), Rivas, Cristian, Fresco (Noé, 85), Abel, Adrián (Dani, 46), Chechu, David (Pablo, 61), Fran, Pellón e Víctor. Adestrador: Iván Rodríguez.
ÁRBITRO: José Luis Cabadas Parrado, da delegación de Lugo. Expulsou con vermella directa a Set, do Xermade, e amosou amarelas a Manuel, Esteban, Narciso e Felipe, do Xermade, e a Cristian, Abel e David, do Cabreiros.
CAMPO E INCIDENCIAS: Municipal de Xermade, que rexistrou unha excelente entrada, uns 350 espectadores. Final do I Trofeo Manuel González Fernández, Concello de Xermade. Antes do inicio do partido depositouse un ramo de flores no centro do campo na memoria do fundador deste trofeo, que logo foi colocado polo capitán do Xermade na bancada da grada do campo de fútbol.
RESULTADOS DO TORNEO: En Cabreiros, Cabreiros-Cazás (3-0); En Cazás, Cabreiros-Momán (3-0); en Roupar, Roupar-Xermade (0-3), en Momán (3º e 4º), Momán-Roupar (1-0), e en Xermade (final), Xermade-Cabreiros (0-0, 2-4).
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
trofeo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios