TROFEO SAN BARTOLO 2011. CD CARIÑO – CD AS PONTES (1-8)

31

Este mércores o CD As Pontes desprazouse ata Cariño para xogar o seu último partido de preparación antes de debutar esta fin de semana en Liga contra o Estradense.
O encontro evidenciou a diferenza de categoría de dos dous equipos, a Terceira División do As Pontes e a Primeira Autonómica dun acabado de ascender Cariño, que a pesar do voluntarioso esforzo perante o seu público pouco puido facer ante un enchufado As Pontes que se pareceu máis ó do encontro co Cedeira da semana pasada, despois do empate o pasado domingo ante o Mugardos.
Nun partido con pouca historia rapidamente se adiantaría o As Pontes pois nada máis comezar o encontro anotou o goleador Sergio Arias, tanto ós que lle seguiron na primeira metade os de Bossa, outro de Arias e un de Chicho antes de retirarse con leves molestias. Amado tivo tamén unha boa ocasión no 20´.
No segundo tempo Hugo Soto, Cata por dúas ocasións en senllos golazos e outro mellor de Esmorís redondearon o marcador, mentres que os visitantes marcaron entremedias o tanto da honra. Incluso dispuxo o As Pontes de boas ocasións por medio de Esmorís (56´), Moncho (69´), e Pablo (72´ e 76´).
Resaltar a presenza no equipo cariñés do ex xogador do xuvenil pontés Kilian, que voltou ó club da súa localidade natal para axudalo nesta campaña en Primeira Autonómica.
Ó final do encontro a presidenta do Cariño, Carmen Villar, e un directivo fixeron entrega dos trofeos ós dous equipos.
san_bartolo_001.jpg


CD CARIÑO (1): Torrente, Boli, Manuel, Aneiros, Roberto, Alvelo, Perlero, Nilis, Nesi, Damián e Adrián. No segundo tempo entraron Iago, Kilian, Hugo e Mikel
CD AS PONTES (8): Iván Parapar, Fernando, Javi López (Moncho 45´), Rochela (Chote 45´), Iago (Angeriz 45´), Coedo (Esmorís 45´), Iván González (Pablo 45´), Bossa (Cata 45´), Amado (Dani 45´), Chicho (Cañizares 40´) e Sergio Arias (Hugo Soto 45´).
GOLES: 0-1, Sergio Arias (1´), 0-2, Bossa (28´), 0-3, Sergio Arias (30´), 0-4, Chicho (38´). 0-5, Hugo Soto (60´), 1-5, Número 8 (62´), 1-6, Cata (66´), 1-7, Cata (81´), 1-8, Esmorís (89´).
ÁRBITRO: Alejandro Rodríguez, da delegación de Ferrol.
CAMPO: Municipal de Cariño, que rexistrou unha boa entrada, uns 300 espectadores nas gradas.
INCIDENCIAS: Trofeo San Bartolo 2011, de Cariño. Antes do inicio do partido o club cariñés rendeu unha homenaxe ó directivo Santiago Balado “Santi”, desaparecido o 18 de abril pasado cando se atopaba pescando na costa do Ortegal. O capitán do Cariño entregou unha placa ó seu fillo e o do As Pontes un ramo de flores á súa viúva. De seguido gardouse un minuto de silencio na súa memoria.
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
san_bartolo_001.jpg
Nova cortesía de Xosé e Antón Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios