FOTOS. PRETEMPORADAS DO SEGUNDO EQUIPO XUVENIL, CADETE E INFANTIL DO CD AS PONTES

88

Outros equipos do CD As Pontes que tamén están facendo a pretemporada estes días do mes de Agosto son o segundo xuvenil, o cadete e o infantil que preparan a súa participación na Liga e na Copa da Ría de Ferrol 2011-12.
Todos os cadros teñen algunhas baixas por mor da época veraniega, e no caso do segundo xuvenil ademáis será reforzado de cara á competición por algúns xogadores do primeiro plantel. A base formarana os xogadores de primeiro ano (1995) que tan brillante campaña fixeron o ano pasado sendo cadetes, quedando subcampións da Fase de Ascenso, da Liga e da Copa, por detrás de Oroso, Caranza e O Val respectivamente. Tentarán repetir o bo papel que fixo o Xuvenil B na tempada 2010-11.


Nesta campaña ligueira os discípulos de Javi terán como rivais a Numancia de Ares, Galicia de Mugardos, O Val, Galicia de Caranza B, Rápido de Neda, Perlío, Ortigueira, Cariño, Miño, Meirás, San Pedro, Portuarios, Aspirantes, Narón BP e Cedeira.
Comezarán recibindo ó perigoso Narón BP o 24 de Setembro e rematarán tras 30 xornadas o 13 de Maio visitando ó Numancia en Ares.
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
Diferentes competicións vivirán os cadetes e os infantís, xa que este ano comezarán xogando a Copa pra posteriormente disputar a Liga.
Asi, neste novo formato os cadetes dirixidos polo tandem Marcos Roca-Marcos Bouza terán como rivais no Grupo Terceiro da Copa a San Sadurniño, Amistade de Meirás, Cultural Maniños e San Pedro B, nun torneo que na súa primeira fase iniciase o 17 de setembro e conclúe o 12 de Novembro.
Ó haber catro grupos dedúcese que os primeiros de cada grupo xogarán semifinais e a posterior final, dado que a competición ligueira comeza o 3 de Decembro.
Competición ligueira na que os cadetes ponteses estarán no grupo quinto e xogarán co perigoso Galicia de Caranza, que buscará o ascenso á Liga Galega, por cuarta vez, Perlío, Portuarios B, San Pedro, EF Galicia de Caranza, Miño, Narón BP, Amistade de Meirás e Numancia de Ares.
Comezarán visitando ó Miño e rematarán a domicilio co San Pedro o 12 de Maio. Os cadetes deixaron o listón moi alto a tempada pasada, pero esta xeneración do 96 acompañada da gran xeneración do 97 (Campións de Liga e Copa Alevín en 2009 e de Liga Infantil en 2010) intentarano facer igual de ben.
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
Outro tanto do mesmo lles acontece ós infantís, que están no grupo 1 da Copa, co perigoso Eume Deportivo, Narón BP B e Cultural Maniños en partidos da primeira fase que comezarán o 17 de Setembro e rematarán o 15 de Outubro. Neste caso ó tratarse de 8 grupos, o máis probable é que os 8 primeiros de cada grupo xoguen os cuartos de final e posteriores semifinais e final.
A competición ligueira comezaría o 5 de Novembro e o cadro dirixido por Iván Rodríguez terá como rivais ó Racing de Ferrol, EF Galicia de Caranza, Cebarca, Miño, Amistade de Meirás, Narón BP, Ánimas, San Pedro, Portuarios, Perlío, Barallobre e Numancia de Ares.
Comezan nin máis nin menos que visitando ó Racing de Ferrol e rematan tamén a domicilio co San Pedro o 12 de Maio. O Infantil a tempada pasada acadou o subcampionato de Liga. A xeneración do 98 reforzase coa gran xeneración do 99 (campións de Liga Prebenxamín en 2007 e Alevín en 2011).
futbol_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios