Resultados da fin de semana do Grupo Xuvenil As Pontes

42

Este fin de semana o clube local de piragüismo desprazouse por partida doble a disputar sendas regatas da Liga Galega de Ríos e Travesías.
Na xornada do sábado, o clube acudía a disputar con só duas embarcacións(debido a escasez de embarcacións para este tipo de embarcacións no clube) o Descenso do Eume, na súa 45ª edición, regata que se disputa nun recorrido de 12kms. dende o 2º refuxo de pescadores ata a ponte de Pontedeume,tendo un primeiro tramos de especial dificultade polos obstaculos naturais que interpon o propio río.
O k2 home senior de Carlos Pedreira e Antonio Polo (bolseiro do Concello de As Pontes), faciase cunha máis que merecida victoria despois de mandar durante todo o percorrido na regata e aventaxando os viveirenses Alberto Pigüeiras e Marcos Illanes en 1’53” na linea de meta., o outro k2 home senior local de Raphael Feijoo e Rubén Basanta entraba na 13ª posición a algo máis de 11′ dos vencedores, acadando entre ambas embarcacións o 16º posto por clubes.
Xa na xornada dominical o clube desprazábase ata A Coruña onde disputou a 2º Regata Conxunta de promoción e maiores, acadando o 3º posto por clubes, salientando a participación de tódolos rapaces da canteira e destacando a actuación dos k1 home benxamín Daniel Da Silva, 1º clasificado e Alexis Piñón, 3º clasificado, da dama k1 alevín Nicole Bejar, 2ª clasificada,todos nun percorrido de 1500m, e dos home k1 infantil A Raúl Tojeiro, 1º clasificado, e David Tonilavov, 3º clasificado,nun percorrido de 3000m.
Xa na categoria senior novamente, pero esta vez en k1, enun percorrido de 6kms. o padeeiro local Antonio Polo Campello (bolseiro do Concello de As Pontes), facíase cunha folgada victoria, con algo máis de 2′ de diferencia do 2º e 3º clasificados, e no C1 home senior David Vejiga acadaba un meritorio 3º posto.
K2-Eume.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios