Nota de prensa BNG: O BNG PREGUNTA A MEDIO AMBIENTE SE SE ESTÁ CUMPRINDO A NORMATIVA QUE REGULA A ELABORACIÓN E USO DE SOLOS ARTIFICIAIS

97

Isabel Sánchez lembra que o seu uso está totalmente proibido en praderías, fontes e pozos e pregunta se existen denuncias por irregularidades nas Pontes e As Somozas
O voceira de Medio Ambiente do G.P do BNG, Isabel Sánchez, quer saber se a consellería ten constancia da existencia dalgunha denuncia perante o Seprona ou a Garda Civil por posíbeis elaboracións de solos artificiais xerados a partir de residuos (tecnosolos) en zonas expresamente proibidas, nomeadamente nos concellos das Pontes e As Somozas.
13.jpg


Isabel Sánchez rexistrou unha pregunta parlamentar para coñecer que medidas de control e vixianza ten operativas neste momento a consellería para garantir o cumprimento da instrución que regula a elaboración dos ditos solos así como para saber cantas solicitudes recibiu ao longo do ano, cantas autorizou e en que concellos para a súa aplicación.
A deputada nacionalista lembra que o uso dos tecnosolos está totalmente prohibido, a través dunha instrución de 2008, en praderías, pasteiros naturais, fontes e pozos de captación de auga subterránea para o abastecemento da poboación, entre outros lugares, e segundo o Sistema de Residuos de Galicia, na provincia da Coruña só son tres os xestores autorizados para elaborar estes solos artificiais, un deles situado no concello de Somozas.
Asemade, a parlamentar recorda que para a utilización dos tecnosolos debe obterse previamente un informe favorábel da súa idoneidade na delegación provincial de Medio Ambiente e un estudo previo da zona que se vai recuperar, así como a asunción dunha serie de compromisos por parte do xestor.
Para a deputada, cómpre ser moi escrupulosos co cumprimento de todos os requisitos esixidos por Medio Ambiente, de aí que urxa da Consellería información para corroborar que esta alternativa de valorización dos residuos se está desenvolvendo de xeito acaído.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios