CARLOS MIERES DISPUTARÁ A SEMANA QUE VÉN O EUROPEO DE KAIAK POLO DE MADRID Ó FRONTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB21

48

O pontés Carlos Mieres Fernández disputará a semana que vén en Madrid o Campionato de Europa de Kaiak Polo. Será o sexto campionato nesta categoría sub21, noveno a nivel absoluto, e o torneo disputarase en Puerta de Hierro, do 8 ó 11 de Setembro. A localidade madrileña en principio tamén organizará o Mundial do 2012.
Antes da disputa do Europeo terán esta fin de semana un torneo internacional en Madrid, sábado e domingo, e a partires do luns adestrarán na Residencia Blume ata o inicio da competición.
carlos_mieres.jpg


O Europeo estará formado por 12 equipos distribuidos en dous grupos. No A estará Alemaña, Italia, Gran Bretaña, Suiza, Dinamarca, Rusia e no B Francia, Holanda, Polonia, Portugal, Irlanda e España. Desta primeira fase clasificarán os tres primeiros de cada grupo, que se redistribuirán en dous grupos de tres equipos na segunda fase, grupos nos que os dous primeiros pasarán a semifinais.
Comenta Carlos que por problemas económicos o equipo non acude ó campionato todo o ben preparado que debería, e de feito esta fin de semana terán os seus primeiros compromisos como selección, pero a pesar diso, ó disputarse o Europeo en casa soña con estar nas semifinais e poder pelexar por unha medalla, anque para él xa sería un éxito colarse entre os seis primeiros. Ve un puntiño por riba a seleccións como Francia e Alemaña, e nun segundo grupo estarían Gran Bretaña, Italia, Holanda, Polonia e España.
Os xogadores convocados son Pau Feliu, Miguel López, Pol Ferrer (Banyoles), Jose María Barahona, Víctor González (Retiro), Jose Carlos Beltrán, Noé Arego (Castellón), Rubén Quintana (Sevillano), Jesús Corpas (Málaga) e Jon Martínez (Rodeira). Conta co hándicap de que os mellores xogadores estatais sub21 estarán co equipo senior, pero ese é o obxectivo da súa selección, formar a xogadores para axudar á absoluta.
Tamén disputarán o torneo a ferrolá Paula de la Peña, enrolada no equipo senior, e a sub21, tamén departamental, Alba Fernández, ex do Folixa de As Pontes.
9º EUROPEO KAYAK POLO MADRID 2011
Senior Masculino
Grupo A: Italia, Holanda, Suiza, Suecia, Portugal, Irlanda, Bélgica
Grupo B: Alemania, Gran Bretaña, Francia, Dinamarca, Polonia, Rusia, España
Senior Feminino
Grupo A: Irlanda, Italia, Gran Bretaña, Alemania, Polonia
Grupo B: Francia, Suiza, Holanda, Dinamarca, Rusia, España
Sub21 Masculino
Grupo A: Alemania, Italia, Gran Bretaña, Suiza, Dinamarca, Rusia
Grupo B: Francia, Polonia, Holanda, España, Irlanda, Portugal
Sub21 Feminino
Grupo único: Francia, Gran Bretaña, Alemania, Polonia, España
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios