SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 1 MONTE FORTE 0

23

Sensacional victoria do equipo feminino do CD As Pontes no seu estreno na temporada 2011-12 na Segunda Autonómica Feminina Galega Grupo 1º. Triunfo sufrido por 1-0, que debería ser máis folgado de non ser pola brillante tarde da gardamallas visitante.
Presentabase o Monte Forte no Poboado como un dos mellores equipos da tempada pasada e con ganas de revancha trala eliminación da súa participación copeira por parte do As Pontes. As lucenses, máis veteranas que as locais, tiveron máis control do balón na primeira metade, sobre todo nos pés da súa talentosa número 10, Peque, pero sen embargo foron as locais as que tiveron as mellores ocasións, Jani nun libre indirecto (13´) dentro da área e nunha falta (29´), Carlota a pase de Chipy (18´), pero foi no 30´ nunha xogada por banda dereita da gran Lau, na que Carlota, que estaba coa caña preparada, remata a pracer sen oposición sobre a mesma liña inaugurando o tanteador ligueiro co seu 17º tanto en competición oficial. Antes do descanso, no 43´, Lía non acerta a rematar en boca de gol.
Na segunda parte as locais estiveron inmensas, namentres que as lucenses, que so fixeron un cambio, tiveron un baixón físico e apenas pasaron do medio campo durante os 45 minutos. Polas azuis moi ben todo o equipo, Leti anticipandose, moi ben na defensa Noelia e Jani, con grandes incorporacións ó ataque da capitana, inmensa Lara cubrindo todo o medio campo, Carlota un puñal por banda esquerda deslumbrando como na pretemporada, e a gran Lau dando guerra ás centrais lucenses durante os 90 minutos. Sen embargo a heroína do encontro foi a porteira visitante Andrea, que salvou ata tres ocasións claras do conxunto pontés.
En dúas combinacións de Primeira División, con sendos últimos pases maxistrais de Carlota, Lau prantouse soa ante Andrea, pero esta desviou milagrosamente a córner no 53´ e no 60´. Outro paradón tras un gran tiro de Jani desde fora da área no 72´. Ocasión para Chipy no 65´ que manda por alto, Lau lamendo o pau no 81´.
Sufrindo e chorando, pero merecidísimo triunfo do equipo feminino dirixido por Salido, no que hoxe debutada a prometedora Carmela Da Silva (foto), de 13 anos, no lateral dereito. Outras noviñas da partida foron Andrea Pita, Lía e Mireia.
feminina_001.jpg


Esta temporada presentaselle moi complicada ó equipo feminino, ten un gran bloque, comprometido coa causa, moitas cativas novas, e van subindo algunhas rapazas, pero nun fútbol modesto e amateur no que non hai fichaxes ano a ano vai perdendo efectivos, sobre todo arriba.
Melide e Dubra presentanse como os rivais máis fortes, Pastoriza, Milagrosa, Monte Forte e Silleda serán grandes equipos coma sempre, Tordoia e San Tirso melloran co paso do tempo e os novos Orzán C e Villestro, que pertencen a grandes cidades, e Rúa e Chantada, seguramente darán que falar, a liga será competidísima, así que todos os puntos que se sumen ó longo da tempada benvidos e moi valorados serán.
Pero de momento as de Salido xa suman a súa primeira victoria de maneira brillante ante un equipo con moita máis idade.
1 CD AS PONTES: Leti, Carmela (Mireia 58´), Andrea Pita (Silvia 56´), Jani, Noelia, Lara, Lía (Alba Barro 74´), Chipy (Laura Permuy 74), Lau, Carlota, Carliña (Yaiza 58´).
0 MONTE FORTE: Andrea, Chester, Lucía, María Jose, Divi, Eugenia, Antía, Susi, Sara, Peque, Uxía. No 74´saliu Rita.
Árbitro: Fernando Formoso Sánchez (Ferrol).
Goles: 1-0, Carlota, minuto 30.
Campo e Incidencias: Campo Anexo do Poboado, máis de 100 espectadores en partido correspondente á primeira xornada de Liga.
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios