ROMARÍA DA PENA DE FRANCIA

49

A aldea de Solloso, na parroquia do Freixo, viviu un ano máis a súa tradicional romaría da Nosa Señora da Pena de Francia, unha das máis antigas da comarca que ten lugar nun santuario que data de 1665.
Varios centos de romeiros achegáronse ata a fermosa carballeira situada ó pé do río de Solloso, onde se atopa esta antiga capela, para honrar á súa patroa, a Virxe da Pena de Francia. Os dous días houbo funcións relixiosas e a música puxérona os grupos Chilava, Matiz e Caribe.
pena_de_francia_0001.jpg


O SANTUARIO DA PENA DE FRANCIA DO FREIXO
Segundo os datos do arquivo da diocese de Mondoñedo e no da parroquia do Freixo, este santuario foi construído no ano 1665 polos condes de Montenegro, Fernando Sanjurjo Montenegro e Florencia de Estua y Miranda, que vivían no pazo de Pude da parroquia de San Simón da Costa (Vilalba), e sendo cura da parroquia do Freixo –unha das máis importantes do territorio- o irmán do conde, Antonio Sanjurjo Montenegro.
A capela está en bo estado, sendo reformada a mediados do século pasado, conservando o seu antigo pórtico da entrada e a espadana. Ten un sinxelo retablo e catro imaxes.
O feito de levar o nome de Pena de Francia ven da devoción que sentía a condesa de Montenegro pola virxe de Peña de Francia do santuario do mesmo nome, situado ó sur da provincia de Salamanca, preto da bonita vila de La Alberca. Este santuario, coñecido polo da Virxe Negra, ten a súa orixe na chegada a esta zona, no século XI, de traballadores franceses, o que ocasionou que paraxes, montes e ríos levasen o nome de “Francia” (Peña de Francia, Sierra de Francia, Nava de Francia,…), e incluso algúns apelidos franceses perduran na actualidade. O documento máis antigo que fai referencia a este suceso data de 1293.
A invasión árabe obrigou ós habitantes desta comarca a refuxiarse nas montañas levando consigo as súas modestas pertenzas e as imaxes dos seus santos. Pasaron os séculos e no XV foron achadas naquel lugar catro imaxes, a da Virxe, a de Santiago, a de San Andrés e a do Santo Cristo. Construíuse o santuario que levaría o nome de “Virgen de Peña de Francia”, o cal na actualidade é moi visitado por devotos e curiosos.
Tamén apareceu unha lenda moi comentada, segundo a cal a Virxe aparecéuselle a un estudante francés que impulsoulle a procura da súa imaxe agochada en terras de occidente nunha cova, coa promesa de construír alí unha igrexa. O mozo, chamado Simon Rolan, veu de peregrinación a Santiago e no regreso ó seu país achegouse ata a Peña de Francia onde achou a imaxe da virxe. Adicouse a ela e no alto da montaña, situado a 1.753 metros de altitude, construíu unha capela, que no século XV foi substituída por outra máis ampla e un cenobio.
A Nosa Señora da Pena de Francia tamén se venera en Galicia nos concellos de Dozón e A Cañiza. No territorio español hai santuarios na cidade de Zamora, na localidade salmantina de El Cabaco, o máis visitado, e San Cruz de Tenerife. En Portugal, hai ermidas en Ílhavo (capela de Nossa Senhora da Penha de França, tamén coñecida como capela da Vista Alegre) e nas illas de Porto Santo e Sâo Miguel (Azores); en Brasil, en Sao Paulo, Resende Costa (Minas Gerais) e Río de Xaneiro e na antiga colonia portuguesa de Macau (China).
O Freixo (As Pontes), 5 de setembro de 2011 (AF)
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
pena_de_francia_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios