DinamizArte – Obradoiro de Videocreación

63

O obradoiro de videocreación “Dinamizarte” é un proxecto no que ao longo de 5 sesións traballaremos co potencial creativo que todos temos a través das novas tecnoloxías, aprendendo a utilización e manexo das técnicas audiovisuais.
É un traballo de re-creación dirixido á educación no ocio e tempo libre dirixido a persoas de mediana idade, preferentemente sen ocupación laboral remunerada.
O obxectivo último é participar do proceso creativo que se materializará nunha creación audiovisual por parte de cada participante, en torno a un tema que todos coñecemos: a nosa vida cotiá.
Non é necesaria experiencia previa no ámbito audiovisual, únicamente é aconsellable ter coñecementos básicos de informática.
O obradoiro é gratuito e ten un número de prazas limitado, admisión por orde de inscrición.
INSCRICIÓN: videodinamizarte@gmail.com
banner_dinamizarte.gif


HORA: 11-14 h. Sábados: 17 e 24 de Setembro, 1, 8, e 15 de Outubro
LUGAR: CASA DOPESO, R/ Rosalía de Castro, 28. As Pontes

17/09/11 Presentación, Mostra de referentes audiovisuais, Dinámicas creatividade
24/09/11 Dinámicas creatividade, Explicación dos medios tecnolóxicos
SEMANA GRAVACIÓN
01/10/11 Revisión de ideas, Comezo da edición do video
08/10/11 Edición do video
15/10/11 Finalización e presentación dos proxectos

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios