TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: AMIGABLE DE PRETEMPORADA: O ESTEO F.S. – C.D. BURELA F.S. (2-5)

80

No segundo partido de pretemporada o Esteo foi derrotado polo Burela, equipo da Segunda División (antes División de Prata), por 2-5. Ó descanso o marcador rexistraba o resultado de 1-2 a prol dos da Mariña luguesa. Preto de cen espectadores nas gradas do pavillón municipal da Fraga.
A diferenza de categoría notouse no partido entre ponteses e burelenses, encontro disputado este mércores no pavillón da Fraga. A pesar da superioridade técnica e física do rival os de Diego Paz non estiveron nada mal e en certos momentos moveron ben o balón e crearon perigo na porta visitante e puideron marcar máis goles se os seus dianteiros estiveran máis atinados de cara ó gol. Na primeira parte, Chavo, Noé, Diego e Rubi tiveron claras ocasións para marcar. Sen embargo, sería de penalti o tanto pontés por mediación de Rubi. Con anterioridade adiantaríanse os visitantes con gol de Manu, e a falta de catro minutos Juanma estableceu o 1-2, resultado co que se chegou ó descanso, aínda que nos minutos finais o Burela tivo un par de ocasións para aumentar a diferenza no marcador. Na segunda parte a tónica do xogo foi a mesma, con ocasións para os dous equipos, aínda que os visitantes crearon máis perigo na porta local. Noé, de dobre penalti, acurtou diferenzas despois dos goles burelenses de Tachón e Cleber. O Esteo non soubo aproveitar a superioridade numérica por expulsión do visitante Martín e sen embargo sería o Burela o que sentenciaba cun gol de Juanma.
esteo-burela_01.jpg


O ESTEO FS: Ito, Anxo, Gerveno, Chavo, Noé –cinco inicial- Pellón, Santi, Gerardo, Rubi, Diego, Pelu e Iván.
BURELA FS: Iago Barro, Cleber, Tachón. Ique, Manu –cinco inicial- Turero, Purau, Juanama, Martín e Iago Míguez.
ÁRBITROS: José Carreira Romero (A Coruña) e Rocío Ruano Melón (Ferrol). Amoestaron a Rubi, do Esteo, e en dúas ocasións a Martín, do Burela, polo que foi expulsado a falta de dous minutos para o final.
GOLES: Min. 5 (0-1), Manu. Min. 14 (1-1), Rubi, de penalti. Min. 21 (1-3), Tachón. Min. 25 (1-4), Cleber. Min. 34 (2-4), Noé (DP). Min. 30 (2-5), Juanma.
COMENTARIO:
A PRETEMPORADA E A COMPETICIÓN DE LIGA
Os ponteses continúan na súa preparación de cara a vindeira temporada e o vindeiro compromiso amigable será o sábado 17 na localidade asturiana de Tapia de Casariego nun triangular contra Congelados Egea de Tapia e o Rey Silo de Pravia.
En canto á competición de liga, a Primeira Nacional B pasa a denominarse Terceira División Nacional e o grupo galego presenta novidades, xa que queda dividido en dous subgrupos. Os catro primeiros clasificados de cada un disputarán unha segunda fase da que sairán os dous que ascendan á Segunda División B, antes Primeira Nacional A.
Neste grupo 8º A, ademais do Esteo competirán Mera B, Concello de Trabada, Cidade de Viveiro, Ventorrillo (A Coruña), Caloto-Loyo, Ribeira de Piquin, A Coruña FS, SD Xove e CD Rececnede da Pontenova. A competición comeza o sábado 24 de setembro e na primeira xornada os ponteses reciben no pavillón da Fraga a visita do Concello de Trabada, un dos candidatos a ocupar as primeiras posicións da clasificación.
esteo-burela_02.jpg
esteo-burela_02.jpg
esteo-burela_02.jpg
esteo-burela_02.jpg
esteo-burela_02.jpg
esteo-burela_02.jpg
esteo-burela_02.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios