A SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB21 DE CARLOS MIERES FINALIZA NUN MERITORIO 5º POSTO NO CAMPIONATO DE EUROPA DE MADRID 2011

52

A selección española sub21 de Kayak Polo dirixida polo pontés Carlos Mieres Fernández rematou a súa participación no Campionato de Europa ocupando o 5º posto de 12 países participantes.
A primeira fase resultou moi dura para os discípulos de Carlos, encadarados nun grupo complicado, no que perderon dous partidos, empataron dous e venceron a Irlanda, o empate no derradeiro encontro ante os holandeses valeulles a cuarta e última praza que daba acceso á segunda fase, na que competiron contra italianos e británicos polo primeiro posto que daba acceso ás semifinais.
Venceron á potencia Gran Bretaña por 4 a 2, e contra Italia gañaban ó descanso por 3 a 1, pero nun mal segundo tempo os italianos remontaron ata situar un definitivo 3 a 5, resultado que os apartou das semifinais e relegounos a xogar polo quinto posto no que venceron a Suiza por 3 a 2.
Ouro para Francia, prata para Alemaña, bronce para Italia con Polonia na cuarta posición.
Sexto posto para os seniors masculinos, e quinto posto para as mulleres senior e sub21.


9º CAMPIONATO DE EUROPA DE KAIAK POLO MADRID 2011
Europeo Sub21 Masculino
1ª Fase: Francia 7 España 2, Polonia 3 España 1, Irlanda 1 España 7, Portugal 1 España 1, Holanda 4 España 4.
2ª Fase: Italia 5 España 3, Gran Bretaña 2 España 4.
5º e 6º Posto: Suiza 2 España 3.
Clasificación Final: 1º Francia, 2º Alemaña, 3º Italia, 4º Polonia, 5º España, 6º Suiza, 7º Gran Bretaña, 8º Holanda, 9º Rusia, 10º Dinamarca, 11º Irlanda, 12º Portugal.
Europeo Senior Masculino
1ª Fase: Gran Bretaña 3 España 4, Polonia 3 España 4, Dinamarca 0 España 7, Alemaña 5 España 1, Rusia 2 España 12, Francia 4 España 3.
2ª Fase: Holanda 7 España 5, Irlanda 4 España 7, Alemaña 1 España 1.
5º e 6º Posto. Italia 4 España 3.
Clasificación Final: 1º Francia, 2º Alemaña, 3º Gran Bretaña, 4º Holanda, 5º Italia, 6º España, 7º Suiza, 8º Irlanda, 9º Dinamarca, 10º Polonia, 11º Suecia, 12º Portugal, 13º Bélxica, 14º Rusia.
Europeo Senior Feminino
1ª Fase. Suiza 1 España 5, Holanda 4 España 4, Rusia 1 España 8, Francia 5 España 3, Dinamarca 2 España 3.
2ª Fase. Gran Bretaña 3 España 3, Francia 4 España 2.
5º e 6º Posto. Polonia 1 España 5.
Clasificación Final: 1º Gran Bretaña, 2º Francia, 3º Alemaña, 4º Holanda, 5º España, 6º Polonia, 7º Italia, 8º Dinamarca, 9ª Suiza, 10º Rusia, 11º Irlanda.
Europeo Sub21 Feminino
1ª Fase: Gran Bretaña 3 España 3, Polonia 3 España 3, Alemaña 5 España 0, Francia 4 España 4.
2ª Fase: Polonia 7 España 4, Gran Bretaña 3 España 1.
Clasificación Final: 1º Alemaña, 2º Polonia, 3º Gran Bretaña, 4º Francia, 5º España.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios