TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 RC DEPORTIVO DE A CORUÑA B 0

68

Sensacional vitoria do As Pontes e tres puntos moi valiosos ante o filial do Deportivo da Coruña, equipo recén descendido da Segunda División B e un dos claros candidatos ó ascenso.
Chegaba o Deportivo coas súas xoves promesas, Juan Carlos, Vela, o central internacional español sub19 pretendido polo Manchester City, Insua, quedando no banco o central subcampión de Europa sub17 coa selección española en 2010 Uxío Marcos.
Na primeira metade resaltar unha internada de Javi López na que o lateral de Lalín acaba rematando ó poste (8´). Tamén tivo unha boa ocasión o Deportivo por medio de Julen e o posterior rexeite de Juan Carlos (37´).
No segundo tempo puidose adiantar o Fabril tras un bo remate de cabeza de Cubillas parado excepcionalmente por Simón (55´). Acto seguido marcaba Hugo Soto de tiro cruzado e abría a lata (57´).
A raíz de ahí o encontro tivo ocasións pra ambos conxuntos, o ex internacional español sub16 Alex Pèrez, con parada de Simón (75´), un remate de cabeza de Chote (79´) e unha boa xogada de Luis (80´).
Nos últimos minutos e co Deportivo B á desesperada o As Pontes tivo moi claras ocasións pra sentenciar, David Amado regatea ó porterio pero o seu remate pasease pola porta e acabase marchando por pouco (87´), Iván González ó poste no 88´, ata que no 90´, un gran pase de Sergio Arias ó oco é aproveitado por Iván González que chega desde atrás e o de Pol marca de tiro cruzado o tanto do triunfo.
En definitiva tres maravillosos puntos pra un As Pontes que agora mesmo momentaneamente é septimo con seis puntos e a semana que vén visita ó Betanzos no que milita o pontés Xoel González.
aspontes_depor_02.jpg


2 CD AS PONTES. Simón, Fernando (David Amado 75´), Javi López, Cata, Angériz, Chote, Luis Coedo, Iván, Hugo Soto (Dani 67´), Chicho (Moncho 63´), Sergio Arias.
0 DEPORTIVO B. Marc, Gallego, Ángel, Jose Manuel, Insua, Crespo, Vela (Luis 70´), Adrián (David García 89´), Cubillas (Alex Pérez 70´), Juan Carlos e Julen.
Goles: 1-0, Hugo Soto (57´), 2-0, Ivan González (90´).
Árbitro: Javier Pérez Prado (Lugo). Auxiliado nas bandas por Pablo Coya e Marco Fernández.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, uns 300 espectadores en tarde soleada. Amoestou a Coedo, Sergio Arias, Ángel e Insua.
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
aspontes_depor_02.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios