Actuación mañá venres The homens

30

A campaña de Galicia é música 2011 subvencionada polo AGADIC para conmemorar o Ano da Música en Galicia nos deu aposibilidade de poder programar no noso Concello as actuacións de dous grupos musicais co ampla repercusión musical e que contan entre os seus compoñentes con músicos ponteses; no caso de the homens o batería Xocas e no de Susana Seivane con Xurxo ao bouzouki.
O grupo compostelán The Homens abrirá a campaña cultural do concello o Venres 23 de setembro, no Auditorio Cine Alovi. The Homens pasaron os últimos nove meses xirando por medio cento de localidades galegas, cun repertorio no que as súas cancións de pop potente e rabioso se transformaban en versión acústica, con maior peso das percusións e das melodías de voz.
The Homens levan xa seis anos tentando cadrar a ecuación que mestura melodía, enerxía e actitude. Apegados á nova onda de finais dos setenta, o post hardcore dos oitenta e o pop británico de calquera década, Xocas (batería), Roi (baixo e voz), Martin Wu (guitarra e voz) e Cristovo (teclas, pandeiretas e demáis enxeñería eléctrica) levan case 200 concertos, dous Eps autoeditados (#1, do 2005, e #2, no 2006) e outros dos LPs (Tres, editado por Falcatruada no 2007, e Cuarta potencia, posto á venda por Lixo Urbano no 2009).”


Venda de entradas na taquilla do auditorio
Xoves antes da función de 12 a 13.30h
Venres de 12 a 13.30h e a partir das 19.30h
Nova cortesía do Dpto Cultura

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios