PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL: C.D. AS PONTES B – NARÓN BP PIÑEIROS (2-1)

59

O segundo equipo xuvenil do CD As Pontes iniciou con bo pé a temporada ligueira na primeira autonómica cunha vitoria sobre o Narón BP Piñeiros por dous goles a un. Ó descanso o marcador rexistraba un empate a cero goles.
O equipo que prepara Javi fixo un bo partido perante un rival que en ningún momento deu por perdido o encontro e que tamén gozou de oportunidades para marcar. Na primeira metade os locais tiveron ocasións para adiantarse no marcador con dous balóns de Alberto e Galego enviados ós postes da portería visitante. Sen embargo, os primeiros corenta e cinco minutos rematarían sen goles.
Ós poucos minutos de iniciarse o segundo tempo os naroneses inauguran o marcador logo dun erro defensivo local. Por se isto non fora pouco, uns minutos despois o As Pontes quédase cun xogador menos trala inocente expulsión de Galego con vermella directa. Sen embargo, os locais reaccionan e uns minutos despois logran o empate por mediación de Pablo despois dun gran cabezazo de Alberto.
No minuto 72 chegou o segundo gol local por obra de Darío, aínda que os ponteses terían varias ocasións para marcar ó contragolpe, pero o marcador non se movería rematando con esa mínima, pero merecida vitoria do As Pontes, que na segunda xornada visita o campo do Portuarios.
xuvenil_001.jpg


Inicialmente polo As Pontes xogaron Cris, Esteban, Guino, Roca, Darío, Álvaro, Pablo, Alberto, Tini, Galego e Lucho. No segundo tempo entraron Queco, Jairo (porteiro que debutou no equipo pontés procedente do Vilalbés), Capela, Picos e Miguel. Dirixiu o partido o ferrolán Borja Gundín.
En canto ó primeiro equipo xuvenil sinalar que perdeu pola mínima (1-0) en Santiago ante o Conxo B, mentres que o cadro infantil goleou a domicilio ó Cultural de Maniños (0-8).
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg4
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios