AS PONTES ACOLLEU O 4º CAMPIONATO NACIONAL MILITAR DE PERCORRIDOS DE TIRO

52

Coa entrega de medallas diante da Casa do Concello de As Pontes rematou o 4º Campionato Nacional Militar de Percorridos de Tiro, competición deportiva que se celebrou ó longo desta semana nas instalacións do campo de tiro da Pena de Revolta e que estivo organizado polo Consejo Superior de Educación Física y Deportes de las FAs.
Nesta cuarta edición participaron tiradores e tiradoras dos tres exércitos e da Garda Civil, chegados á vila pontesa dende diferentes unidades militares de España, nas modalidades de pistola estándar e produción.
camp_nac_militar-01.jpg


En categoría individual estándar o vencedor foi o subtenente Antonio Cases, do Exército de Terra, con 1.403 puntos, seguido de Francisco Manosalvas, da Garda Civil, con 1.301 puntos, mentres que en terceira posición quedou o tamén garda civil José Lagunilla. En individual produción, o campión e medalla de ouro foi o garda civil José Pérez, con 1.398 puntos, seguido dos tamén gardas civís Buenaventura Darias e Federico Conde, con 1.257 e 1.151 puntos, respectivamente.
En canto á clasificación por equipos, na modalidade de pistola estándar primeiro foi o equipo da Garda Civil formado por Manosalvas, Lagunilla e García Díaz, que obtiveron un total de 3.734 puntos. En segunda posición clasificouse o equipo do Exército de Terra, composto por Cases, Díez e Fuentes, que obtiveron 3.668 puntos, e en terceira posición quedou o Exército do Aire, conxunto integrado por Sanz, Comino e Pacheco, que lograron 2.415 puntos.
Na modalidade de produción o conxunto da Garda Civil (Pérez Baz, Darias e Conde) tamén logrou a medalla de ouro con 3.807 puntos. A medalla de prata foi para o Exército de Terra (Quirós, Contreras e Romera), con 2.810 puntos, mentres que a medalla de bronce foi para o Exército do Aire (Tardon, Cobo e Rueda), con 2.737 puntos. En cuarta posición quedou a Armada Española (Bueno, Caruncho e Rosell), con 2.092 puntos, equipo que contou con tan só catro tiradores mentres que o máis numeroso foi o da Garda Civil con catorce.
En categoría feminina, na modalidade de produción, a medalla de ouro foi para a Cabo 1º do Exército do Aire, Ana González; as de prata e bronce foron para as gardas civís Noelia Hernández e Araceli Montes. Ó final da competición realizouse un exercicio do asalto a unha vivenda, simulacro realizado polos catro equipos.
A entrega de medallas e trofeos realizouse na mañá do venres diante da Casa do Concello, cerimonia que estivo presidida polo Delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, que estivo acompañado polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, varios mandos militares dos tres exércitos e da Garda Civil e membros da corporación municipal, rematando a cerimonia co arriado das bandeiras dos equipos de tiro dos tres exércitos e da Garda Civil e da bandeira de España.
As Pontes, 25 de setembro de 2011 (AF)
CLASIFICACIÓNS FINAIS
Clasificación Individual Masculina Estándar
1º Antonio Cases (Subtenente ET)
2º Francisco Manosalvas (GC)
3º José Lagunilla (Cabo 1º GC)
Clasificación Individual Masculina Produción
1º José Pérez (GC)
2º Buenaventura Darias (GC)
3º Federico Conde (Sarxento 1º GC)
Clasificación Individual Feminina Produción
1º Ana González (Cabo 1º EA)
2º Noelia Hernández (GC)
3º Araceli Montes (GC)
Clasificación Equipos Estándar
1º Garda Civil
2º Exército de Terra
3º Exército do Aire
Clasificación por equipos Produción
1º Garda Civil
2º Exército de Terra
3º Exército do Aire
4º Armada
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
camp_nac_militar-01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios