43 Foliada no Lar

89

Comezamos nova tempada coa celebración da 43 Foliada. Xa pasaron cinco anos e medio cando empezamos coa primeira en Marzo do 2006. Esto e posible grazas a todas as persoas que colaboraron con nos participando desinteresadamente no aspecto musical, pois son moitos os grupos que se desplazan dende diversos puntos de Galiza para ambientar a nosa Foliada. Grazas a eles e a toda a xente que coa súa presenza fan posible que esta “festiña” teña continuidade e sexa coñecida fora da nosa comarca.
En nome de tódolos grupos de música Tradicional das Pontes……¡¡ GRACIÑAS !! 
43BannerFoliadaSetembro-11.jpg


43CartelFoliadaSetembro-11.jpg
A Agrupación Folclórico Cultural “Donas e Galáns” foi constituída en Setembro de 1983 en Ferrol por un grupo de amigos procedentes, os mais deles, doutros grupos folclóricos de recoñecido renome en Ferrol, como “Toxos e Froles”, “Terra Meiga”, etc, co obxetivo principal de difundir o folclore galego, tanto no noso país, coma no estranxeiro, de ahí a súa participación en diversos festivais e eventos pola xeografía galega, española e estranxeira, sendo o organizador do Día da Muiñeira en Ferrol durante varios anos. Sendo o seu obxetivo principal; recuperar, reparar e presentar o mundo esencial da cultura tradicional de Galega, tentando de ser o máis fiel posible á memoria da nosa xente, ainda en contra do tempo que pouco a pouco vai borrando os nosos sinais de identidade.
Dentro do seu repertorio de bailes figuran entre outros: Pandeiretada de Mirás, Baile dos Tres pasos, Mazurca de Muras, Maneo de Imende, Jota de Vilantime, Jota alentada de Cumbraos, Jota de Foxado, Muiñeira de Méndez, Muiñeiras e Jotas de Cabaleiros, Mazurcas, etc. e tamén a danza Donas e Galáns que dá nome ó grupo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios