LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 7 SAN CIPRIÁN 1. OUTROS RESULTADOS

30

Gran victoria do equipo de Carballo que ó descanso xa vencía por 6 a 0.
Necesitado de puntos estaba o As Pontes tralo empate a 0-0 no inicio ligueiro ante o Montañeros e a derrota a semana pasada ante o Conxo B por 1-0, pero rápidamente se fixeron co mando do partido cos goles tempraneiros de Marcos Novo de cabeza e Javi. Pouco despois, o gran dianteiro de Cerdido Javi volvía a marcar e o central Totti tras remate a saque de falta facía o 4-0, Gogas rememorando a Goikoetxea no Mundial de EEUU 1994 facía un golazo nun centro-chut desde banda dereita recordando os seus tempos de dianteiro goleador, e completaba a 6-0 o central de primeiro ano Marcos Otero.
O segundo tempo xa foi máis relaxado e Lucho, que tivo outra boa ocasión despois, marcou o 7-0 e os visitantes o tanto da honra con algún paradón de Cristian incluido.
xuvenil_001.jpg


Saiu Carballo con Julián, Gogas, Rubén, Totti, Marcos Otero, Beto, Marcos Novo, Chungui, Borja, Javi e Sergio Criado. No segundo tempo entraron Krikry, Lechuga, Lucho, Santalla e Manu.
Polos visitantes xogaron Saúl, Goson, Antony, Rubén, Carlos, Joel, Aitor, Cortiñas, Jairo, Antón e Claudio. No segundo tempo entraron Amunike, Gabi, Adrián, Borja e Alex.
Arbitrou o colexiado ferrolán Fernando Formoso.
Complicada saída terán a semana que vén os azuis pois visitan ó líder Galicia de Caranza. Suman 4 puntos e situánse na décima praza.
O outro xuvenil perdeu 3-1 en Ferrol ante o Portuarios, namentres que os cadetes traen boas novas coa victoria en San Sadurniño por 0-2, tantos de David Rey e Nahúm, encarrilando o liderato no seu grupo.
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
Segunda victoria para o infantil de Iván Rodríguez na competición de Copa na que venceron por 5-2 ó Narón BP B, con hat trick de Josiño e dous tantos de Jose.
Xogaron Alberto, Alex Blanco, Andrés, Jonatan, Esteban, Adrián, Jorge, Jarel, Jose, Raquel e Josiño. No segundo tempo entraron Fernández, Lino, Iago, Antón e Jandro.
A semana próxima visistan ó mesmo equipo que estivo hoxe no Poboado, nun grupo comandado polo líder e favorito Eume Deportivo que conta con 9 puntos, 22 goles a favor por 0 en contra.
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios