TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: U.D. VENTORRILLO – O ESTEO F.S. (1-6)

29

O Esteo lidera a clasificación do seu grupo logo de gañar na Coruña ó Ventorrillo por un claro 1-6. Ó descanso o resultado tamén era favorable ós pontes, 0-2. Uns cen espectadores nas gradas do polideportivo municipal do Ventorrillo.
Os primeiros dez minutos de partido o xogo estivo igualado, para logo tomar o control o Esteo que dominou claramente ó seu rival logrando dous goles por mediación de Rubi e Fran, resultado co que se chegou ó descanso, aínda que os ponteses tiveron claras ocasións para incrementar o marcador. Na segunda parte o Esteo saíu relaxado e esta situación aproveitouna o Ventorrillo creando perigo na portería de Niceto, que se estreaba na portería do equipo pontés, e así ós catorce minutos Cristian acurtou diferenzas para o seu equipo de dobre penalti. Pero nada máis sacar de centro Gerardo establece o 1-3 e no derradeiro minuto de partidos Rubi, en dúas ocasións, e Noé estableceron o definitivo resultado de 1-6, que coloca ós ponteses á fronte da liga. Na vindeira xornada o Esteo recibe ó cadro lucense de Ribeira de Piquin.
esteo.jpg


VENTORRILLO: Iván, Alberto, Javier, Óscar, Cristian –cinco inicial- Santi, Quique, Adria e Pablo.
O ESTEO FS: Ito, Fran, Gerardo, Noé, Rubi –cinco inicial- Gerveno, Chavo, Anxo, Pellón e Niceto.
ÁRBITROS: Dans Rey e Trebolle González (A Coruña/Lugo). Amoestaron con amarela a Alberto, Óscar, Noé e Anxo.
GOLES: Min. 16 (0-1), Rubi. Min. 18 (0-2), Fran. Min. 34 (1-2), Cistian. Min. 35 (1-3), Gerardo. Min. 39 (1-4), Rubi. Min. 39’46” (1-5), Noé. Min. 39’59” (1-6), Rubi.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios