MILLEIROS DE PERSOAS GOZARON DAS FESTAS DO ROSARIO DA FAEIRA

102

Esta fin de semana pasada a parroquia da Faeira, no concello das Pontes, celebrou unha das súas festas patronais máis concorridas de hai moitos anos. Os máis vellos do lugar non recordan unhas festas con tanta afluencia de público como o que se deu cita nas verbenas do venres e sábado, principalmente na do día primeiro de outubro, que segundo algúns chegaron a concentrarse no lugar da festa e arredores unhas seis mil persoas de tódalas idades, que gozaron do espectáculo e música das prestixiosas orquestras Olympus e Panorama. A xornada do venres a actuación correspondeu á orquestra Marbella e o grupo musical Chylava.
Sen lugar a dúbida, a excelente climatoloxía, con ceo azul e moita calor, foi un dos motivos para que moitos veciños e forasteiros se achegasen a esta parroquia pontesa para gozar desta tradicional e antiga festa, que tamén tivo as súas funcións relixiosas o sábado e domingo, con misas e procesións na honra da patroa, sendo moi numerosa a do domingo cunha misa cantada pola Coral Airiños da Capela. O grupo de música tradicional Os Trevillas e Enclave tamén puxeron a súa parte musical nestas festas da Faeira que, sen lugar a dúbida, pasarán á historia da parroquia.
A Faeira


A PARROQUIA DE SAN PEDRO DA FAEIRA
Con quince quilómetros cadrados e 78 habitantes, a parroquia da Faeira, antes da Capela, atópase ó sur do concello entre as de San Pedro de Eume, Goente, Ribadeume, Bermui e o encoro do Eume. Comprende os lugares habitados da Faeira (20), O Pazo (8), O Pereiro (8), Porto do Liño (1), Os Reboredos (3), A Redonda (6), Terbá (5), Tras do Monte (5), Venade (16), O Vilar (6) e O Viso (1) e os deshabitados da Azureira, Mozcoto e Rebardille.
Pertenceu á antiga xurisdición de Caaveiro da provincia de Betanzos. Hoxe forma parte do arciprestado de Bezoucos (que comprende os concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Fene e Mugardos e seis das sete parroquias que en 1983 pasaron da Capela a As Pontes).
Na primeira metade do século XIX contaba con 50 veciños e 222 habitantes, que vivían da agricultura (centeo, patacas, maínzo avea e legumes) e gandería (gando vacún e porcino), facían carbón e preparaban madeira para a construción de barcos, que exportaban a Ferrol, Pontedeume, Ares e outros portos da comarca.
Ten unha altura media de catrocentos metros, aínda que no norte algúns cumes superan os cincocentos, como a Pena da Bandeira (593 m), a Pena da Lebre (574 m) e O Pico (554 m). Nesta parroquia desembocan no Eume o río Rebardille, que a separa de Bermui, e os regos dos Cadabás e da Xesta.
A igrexa parroquial actual é de modesta construción de forma rectangular. Da antiga consérvase o campanario, de dúas espadanas, situado na entrada do cemiterio. O cruceiro foi construído no ano 1823, segundo reza unha inscrición que figura no baseamento do mesmo, “este cruzeiro se yzo a cuenta de la fábrica siendo cura D. José Troitiño de 1823”.
No propio lugar da Faeira hai unha importante industria de queixos do país, “Queserías del Eume”, que produce un queixo manteigoso e cremoso moi coñecido e apreciado pola súa calidade, tanto na comarca como no resto do país galego. Tamén exporta a Cataluña. Esta industria familiar foi fundada no ano 1960 en Goente polo avó dos actuais propietarios, Francisco Díaz, trasladándose en 1983 ó lugar da Faeira.
A Faeira
A VIRXE DO ROSARIO
É unha advocación mariana venerada no catolicismo que se celebra o día 7 de outubro. Conta a lenda que a virxe apareceuse en 1208 a Santo Domingo de Guzmán nunha capela do mosteiro de Prouille (Francia) cun rosario nas mans, aprendeullo a rezalo e díxolle que o predicara entre a poboación.
A primeira capela foi construída por Simon IV de Monfort, que lle atribuíu a esta virxe a súa vitoria na batalla de Muret, que tivo como belixerantes ó reino de Francia, axudado polos cruzados, e ó reino de Aragón, que contaba co apoio dos condes de Tolosa, Cominges e Foix e o vizcondado de Carcasonne.
No século XV a devoción decaeu, polo que novamente a imaxe aparecéuselle ó beato Alano de la Rupe, pedíndolle que a revivira e que recollera nun libro tódalas milagres feitas polo rosario. No século XVI o papa Pío V instaurou a súa festividade o 7 de outubro con motivo do aniversario da batalla de Lepanto (1571) para celebrar a liberación do mundo occidental da ameaza turca.
É a patroa das batallas e a súa devoción está moi estendida por toda España e de moitas localidades repartidas polo mundo.. É a patroa de Cádiz, Pinos Gil (Granada), Cartaya (Huelva) e celebran a súa festividade en localidades como Luarca (Asturias), Torrejón de Ardoz (Madrid), Rota (Cádiz), Alcázar de San Juan (Ciudad Real), Almodóvar del Río (Córdoba), Isla Cristina (Huelva), Mancha Real (Ciudad Real), Puerto Lumbreras (Murcia).
A Coruña venera á Virxe do Rosario dende 1589 pola axuda que, segundo a tradición, prestou ós seus habitantes para liberar a cidade do asedio das tropas inglesas. Tamén é venerada en varias localidades de Francia (Notre-Dame-du-Rosaire de Lourdes) e de Latinoamérica (é a patroa da cidade de Rosario, en Arxentina, e da Ilo, en Perú).
A parroquia das Grañas do Sor, en Mañón, e na de Goente, en As Pontes, tamén celebran a festividade do Rosario. Precisamente as festas das Grañas do Sor coincidiron coas da Faeira esta fin de semana e igualmente tiveron moito público nas súas verbenas. En Goente serán a mediados de mes.
A Faeira (As Pontes), 4 de outubro de 2011 (AF)
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
A Faeira
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios