TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – RIBEIRA DE PIQUIN (8-5)

41

O Esteo sumou a terceira vitoria consecutiva ó gañar ó Ribeira de Piquín por 8-5 (é descanso, 1-0). Uns douscentos espectadores nas gradas do pavillón municipal da Fraga.
Terceira vitoria do Esteo na Terceira División de fútbol sala que o mantén na cabeza da clasificación. Os ponteses gañaron ó Ribeira de Piquín por 8-5, nun partido que dominaron desde o inicio pero que nos derradeiros minutos os visitantes estiveron a piques de dar a sorpresa, xa que acurtaron diferenzas no marcador ata poñerse cun 7-5, aproveitándose do desconcerto dos locais, que a falta de cinco minutos gañaban por un claro 6-1. A primeira parte o gol tardou en chegar, sendo marcado en propia meta por David a disparo de Noé. No segundo tempo o equipo que prepara Diego Paz saíu a por todas e ós once minutos vencía por contundente 5-0. Os visitantes sacan porteiro-xogador e aproveitándose do desconcerto dos locais logran poñerse a tan só dous goles nun derradeiro minuto louco no que se marcaron tres tantos para chegar ó definitivo 8-5. Na seguinte xornada o Esteo visita ó ascendido S.D. Xove.
esteo_01.jpg


O ESTEO FS: Ito, Fran, Gerardo, Noé, Rubi –cinco inicial- Gerveno, Diego, Chavo, Pellón, Pelu e Niceto.
RIBEIRA DE PIQUÍN: Daniel, Lobeiras, Paco, Quintela, Dani –cinco inicial- Sebas, Donino, Quique, César e Jordi.
ÁRBITROS: Menéndez Nistal e Rivas Fouz, da delegación da Mariña luguesa. Amoestaron con amarela ós locais Gerardo e Rubi e ó visitante Jordi..
GOLES: Min. 19 (1-0), David en propia porta. Min. 22 (2-0), Gerardo. Min. 24 (3-0), Noé. Min. 29 (4-0), Rubi. Min. 31 (5-0), Pelu. Min. 35 (5-1), Fran. Min. 35’10” (6-1), Fran. Min. 35’22” (6-2), Fran. Min. 37 (7-2), Rubi. Min. 38 (7-3), David. Min. 39 (7-4), Fran. Min. 39’27” (7-5), Fran. Min. 39’59” (8-5), Noé.
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios