DOUS FUTBOLISTAS PONTESES CONVOCADOS POLA SELECCIÓN GALEGA

51

Comezaron as convocatorias e adestramentos das seleccións galegas para esta tempada 2011-12 con moita alegría para As Pontes que contará con dous representantes.
Os primeiros adestramentos terán lugar este vindeiro luns, ás 16:30, en Santiago.
Na selección xuvenil sub18 estará Alex Cabarcos Souto, que esta temporada fichou polo Racing de Ferrol, que xoga na División de Honra, a máxima categoría do fútbol estatal xuvenil, xunto a outro pontés, o medio centro Juan Prieto. Alex soe xogar de lateral esquerdo, anque tamén o pode facer de interior, extremo ou media punta.
Outros convocados de renome, o ex internacionail, lateral dereito, Jonathan Castro, o porteiro suplente da selección española sub17 en 2010, David Gómez, e os máis recentes, o dianteiro Dani Iglesias e o porteiro Rubén Blanco, que a pesar de estar na convocatoria terá difícil a súa presencia en Santiago pois o día 19 deberá estar con España na primeira fase de clasificación ó Europeo Sub17 Eslovenia 2012, fase a disputar en Montenegro entre o equipo anfitrión, Polonia, Malta e España, no que clasifican os dous primeiros. Tamén van catro xogadores do Racing de Ferrol e o futbolista de Cedeira Alberto Rey.
Os adestramentos terán lugar no Campo de As Cancelas.
alex_enrique.jpg


A convocatoria sub18 completa é a seguinte:
RC Deportivo de A Coruña: David Gómez, Gabriel Sanin, Jorge Callón, Daniel Iglesias, Juan Barros, Jorge De Dios.
RC Celta de Vigo: Rubén Blanco, Fernando Cuadrado, Jose Varela, Alberto Rey, Jonathan Castro, Jordán Domínguez.
Racing Club de Ferrol: David Remeseiro, Sergio González, Kevin Martínez, Alex Cabarcos.
Pabellón Ourense: Pablo Fernández, Karim Herrero, Diego García, Alejandro Ocampo.
CD Lugo: Isaac Fernández, Héctor Sánchez
CD Conxo: Sergio Lorenzo, Alberto Peña
Pontevedra CF: Brais Cancelas
Montañeros BG: Alejandro Ares
Na selección sub16 estará presente, con un ano menos, Enrique Fornos Domínguez, que leva dúas temporadas xogando nas categorías inferiores do Deportivo de A Coruña. Quique, a pesar de que soe xogar atrás, xa leva marcados tres goles en catro partidos de Liga co equipo coruñés, que lidera a táboa.
Outros nomes destacados nesta convocatorioa son os de Yelko Pino e Julio Delgado, recentemente convocados para adestrar coa selección española sub16. Tamén van catro xogadores do Racing de Ferrol.
Os adestramentos terán lugar no Campo de Villestro.
Esta é a convocatoria sub16:
RC Deportivo de A Coruña: Julio Delgado, Javier Fernández, Ángel Fernández, Sergio Pereira, Enrique Fornos
RC Celta de Vigo: Javier Abreu, Adrián Iglesias, Yelko Pino, Diego Rocha, Iván Villar
Racing Club de Ferrol: Óscar Ares, Omar Ismail, Manuel Mariña, Iago de Santiago
CD Lugo: Julio Camba, Daniel Pedrosa, Pablo Rey
Pontevedra CF: Óscar Cortegoso, Gonzalo Otero, Agustín Pastoriza
Victoria CF A Coruña: Pedro Álvarez, Sergio Sueiro
Montañeros BG: Alejandro Varela, Daniel Viqueira
CD Areosa: Javier López
Orillamar SD: Hugo Díaz
Arousa SC: Davor Mariño
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios