PRIMEIRA AUTONÓMICA GRUPO 2º (Lugo): S.D.C. CABREIROS – CLUB LEMOS (0-3)

448

O Cabreiros atopouse este domingo con dous rivais, o histórico Lemos, que acudía ó campo da Acea con tódolos partidos gañados e ocupando a primeira posición con doce goles marcados e tan só dous encaixados, e o trío arbitral, que non viron o claro penalti por man dentro da área dun defensor monfortino no minuto 52 cando o marcador rexistraba vitoria do Lemos por 0-1 e concederon o terceiro gol visitante nun dubidoso fóra de xogo. A maiores o público reclamoulle outro penalti por derribo dentro da área dun atacante local.
Non precisaba o Lemos, un histórico vido a menos e que tratará de recuperar o sitio que lle corresponde no fútbol galego, a axuda arbitral para lograr os tres puntos, pois ó longo dos noventa minutos dominou máis e creou máis ocasións de gol ca o Cabreiros, equipo que puxo ilusión e vontade, pero deu demasiados regalos na súa zona defensiva, sobre todo nos dous primeiros tantos monfortinos. Sen lugar a dúbidas, o Lemos será un claro favorito ó ascenso á preferente autonómica.
En canto ó partido, o xogo estivo máis igualado ata que chegou o erro da defensa e porteiro locais, que propiciou o primeiro tanto no minuto 32 por mediación de Diego Quiroga, resultado co que se chegou ó descanso. Ós sete minutos de iniciado o segundo tempo prodúcese a man dun defensor monfortino dentro da área que todo o mundo veu menos o trío arbitral, que na súa desculpa alegou que anteriormente houbera un inexistente fóra de xogo. Transformada a pena máxima por Diego Quiroga, a partir de aí o Lemos creou moito máis perigo na portería local con varios balóns ó longueiro, mentres que o equipo que adestra Iván Rodríguez limitouse a defender na súa parcela saíndo á contra para intentar acadar cando menos algún gol.
cabreiros_001.jpg


SDC CABREIROS: Ledo, Rivas, Cristian, Campello, Abel, Cascudo (Noé, 70), Chechu, Pellón (Álex, 74), Fran (Juan, 83), Pablo e Marcos.
CLUB LEMOS: Macía, Sergio Campos (César,69), Pacín, Alami, Brian, Maikel (Fran, 55), Diego Quiroga (Adrián, 75), Marino, Carrasco, Dafonte (Diego Torres, 65) e Fabrice.
ÁRBITRO: David Rodríguez López, asistido por Jesús Adan e Antía Balvás, da delegación de Lugo. A súa actuación foi moi protestada polo público e equipo local. Amoestaron a Campello, Cascudo e Chechu, do Cabreiros, e a Alami e Carrasco, do Lemos.
GOLES: Min. 32 (0-1), Diego Quiroga. Min. 60 (0-2), Marino. Min. 77 (0-3), Marino.
CAMPO E INCIDENCIAS: Campo da Acea, de Cabreiros (Xermade), que rexistrou unha boa entrada, uns douscentos espectadores nas gradas en tarde soleada e calorosa.
A S.D.C. CABREIROS
cabreiros.jpgA Sociedade Deportiva e Cultural Cabreiros foi fundada no ano 1985, aínda que xa nos anos sesenta do século pasado xa existía o fútbol nesta parroquia de Xermade. Á seguinte temporada, 1986/87, inicia a súa andaina en competición oficial na entón Segunda Rexional, categoría na que estivo durante 21 temporadas, con catro pasos na primeira autonómica, categoría na que milita actualmente.
Ten no seu haber un título de liga de Segunda Rexional na temporada 1989/90 e a Copa Deputación de Lugo de 1997, vencendo na final disputada no campo do Ceao, de Lugo, ó Rubián. O resultado final, con prórroga incluída, foi de empate a un gol, polo que houbo que ir á quenda dos penaltis, na que o Cabreiros anotou catro por dous os de Rubián.
A súa directiva está presidida por Ramón Gato, cargo no que leva oito temporadas. Vicepresidente é Antonio Rochela e Tomás Paz e Xosé M. Felpeto son secretario e tesoureiro, respectivamente, deste histórico Club xermadense. Ten uns douscentos socios e o seu terreo de xogo, campo da Acea, está preto do lugar do Chao á beira do rego de San Martiño.
Cabreiros, 9 de outubro de 2011 (AF)
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
cabreiros_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios