TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 0 CD DORNEDA 0

49

Reparto de puntos no encontro xogado hoxe á tarde no Campo do Poboado entre o As Pontes e o Dorneda, no regreso a casa dos irmáns ponteses Adrián (31) e Elmer (27) Bouza Campello, entre os dous suman 22 tempadas no equipo azul, 5 Ligas e 6 Copas de Ferrol, e de David Vidal, que vestiu a camisola azul a pasada temporada.
A primeira metade foi de dominio alterno sen grandes ocasións, polos azuis algunha xogada puntual, Hugo Soto que se lle escapa un control en posición franca (12´), unha falta de Bossa (14´), un xogadón de Chicho (27´). Preto do final ante a saída dun defensa Sergio Arias remata casi quitandose o balón de enriba e este marcha a rentes do pau (45´).
No segundo tempo os visitantes co paso dos minutos foron embotellandose atrás dando por bo o resultado de sumar fora da casa, namentres que o As Pontes ía en busca dos tres puntos. O debutante no Poboado Dieguito lamendo o pau tras un pase de Sergio Arias (65´) e un centro de Moncho con remate de Soto que rexeita Manu (76´) foron as mellores ocasións, tamén un remate de cabeza de Hugo no 80´.
A oito minutos do final chegou a xogada polémica do encontro cando un defensa despexa o balón, rebota en David Amado e acaba dentro da portería, o colexiado interpreta que lle deu nas mans e non na faciana, e anulao, nunha xogada moi dubidosa.
Para colmo de males faltando pouco lesionouse Angeriz pra os locais, semella de gravidade, e máis coa baixa de Iago, e o As Pontes sufriu algun que outro ataque perigoso con 10 como un tiro de Cristian dende fora da área (91´).
Os azuis quedan nunha difícil situación, decimoterceiros con 8 puntos pero o fin de semana próximo visitan o complicadísimo Pontevedra e apenas están dous puntos por riba do colista nunha zona baixa moi comprimida. Unha semana máis tarde reciben ó Lalín nun duelo directo.
aspontes_dorneda-01.jpg


CD AS PONTES. Simón, Moncho, Fernando (Javi López 45´), Cata, Rochela, Angeriz, Dieguito, Chicho (Pablo 57´), Hugo Soto, Bossa, Sergio Arias (David Amado 73´).
DORNEDA: Manu, Mariño, Jacobo (Alberto 78´), Dani, Adrián, Elmer, Miguel (Alfonso 48´), Cristian, Michi, David Vidal (Geri 45´), Chequi.
ÁRBITRO: Óscar Martínez Santos (Santiago). Auxiliado nas bandas por Blanco Rey e Gay Casal. Amonestou a Moncho, Fernando, Manu, Adrián e Elmer.
CAMPO E INCIDENCIAS: Campo de O Poboado, uns 250 espectadores en tarde moi soleada. Gran presencia de afeccionados visitantes.
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
aspontes_dorneda-01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios