COPA CADETES (1ª Fase): CD AS PONTES – RACING SAN PEDRO B (7-0)

37

Contundente vitoria do As Pontes cadete na terceira xornada da fase previa da competición de copa da zona de Ferrol disputada este mércores no anexo do Poboado ó gañar ó Racing San Pedro B por sete goles a cero, nun partido no que os ponteses dominaron máis e tiveron claras ocasións para haber aumentado o marcador.
O protagonista do partido foi o dianteiro David Rey que anotou catro dos sete tantos do As Pontes, dous na primeira metade, nos minutos vinte e trinta, aínda que Iván e Brais Blanco tiveron dúas claras ocasións para lograr algún gol máis.
Na segunda parte os visitantes opuxeron menos resistencia dada a superioridade do As Pontes e nada máis comezar David Rey marca o seu terceiro gol. Posteriormente, Nahúm, David Rey, Iván e Diego estableceron o 7-0 definitivo, aínda que nas botas de Brais Blanco, Álex Fernández e do propio David Rey estiveron as outras claras oportunidades de gol.
Polo Club Deportivo As Pontes xogaron de principio Ángel, Alberto, Jandro, Caínzos, David, Hulk, David Rey, Iván, Nahúm, Brais Blanco e Álex Fernández. No segundo tempo entraron Diego, Brais Martinez, Roberto e Manuel.
O As Pontes lidera o seu grupo con nove puntos de tres partidos disputados, habendo marcado dezaseis goles e non recibir ningún. Na vindeira xornada reciben no Poboado ó Amistade de Meirás, co que teñen pendente o encontro da primeira xornada en Meirás.
Quen perdeu tódalas posibilidades para clasificarse para cuartos de final da copa foi o cadro infantil que nesta xornada perdeu por un claro e contundente 8-2 ante o claro favorito Eume Deportivo, con goles ponteses de Andrés e Aitor.
cadetes_001.jpg


cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios