Nota de prensa BNG: BRANCO PARGA AFIRMA QUE OS 8 MILLÓNS PRESTADOS AO GRUPO EINSA NON FORMAN PARTE DUNHA SUBVENCIÓN

48

O deputado do BNG, Fernando Branco Parga asegura que os 8 millóns que a Consellería de Industria anunciou como préstamo ao Grupo Einsa son unha carencia de pago durante dous anos
Santiago de Compostela, 13 de outubro , 2011. O portavoz de Industria do BNG, Fernando Branco Parga, formulou hoxe ,a última hora da tarde, unha pregunta ao Goberno galego en comisión sobre a participación de Xesgalicia no capital do Grupo de Empresas EINSA e afirmou que, os 8 millóns de euros anunciados recentemente polo Conselleiro de Industria para este grupo empresarial “non é unha subvención” para o seu refinanciamento senón “unha ampliación da carencia de pago durante dous anos”.


Por outra banda, Branco tamén se interesou pola permanencia dos postos de traballo ante esta nova modificación e a existencia de negociación dun ERE.
O nacionalista explicou que, o Grupo Einsa dedica a súa actividade ás artes gráficas e servizos de automoción con sede orixinalmente en Madrid e na actualidade nas Pontes. O grupo empresarial recibiu axudas públicas por valor de 40 millóns de euros a fondo perdido de diferentes administración ao que sumou 11 millóns en préstamos.
Branco engadiu que a débeda actual do grupo empresarial situase en 40 millóns de euros cun período de inicio de pago o vindeiro ano pero recentemente o conselleiro de Economía e Industria visitou a factoría emitindo posteriormente unha nota informativa na que se afirma que o titular da consellaría recoñece o esforzo do Grupo Einsa e “a Xunta de Galiza apóiao coa ampliación dun préstamo de 8 millóns de euros”.
O deputado do BNG negou a existencia de tal préstamo xa que a realidade -dixo-, non é outra máis que “ampliar o período de carencia” para pagar en 6 anos o que debería pagar en 8.
O nacionalista salientou que durante este ano o grupo empresarial despediu a 26 traballadores e traballadoras e mesmo está a negociar un plan de despedimentos que afectaría a 40 traballadores máis.
Pola súa parte, o secretario xeral da Consellaría de Economía e Industria afirmou descoñecer a existencia dun ERE na empresa e non se pronunciou sobre a liña de axudas para a creación de emprego, a pesar da renegociación da carencia de pago do préstamo entre a Xunta e a empresa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios