SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 4 SD SILLEDA 0

27

Victoria máis sufrida do que indica o marcador final do equipo feminino ante un dos colistas da categoría, un equipo que para nada amosa a súa clasificación, xa que por plantel da pra estar como mínimo na zona media-baixa da táboa.
Os primeiros minutos foron de dominio físico e de balón do equipo visitante, as azuis íanse zafando como podían gracias á boa defensa, Noelia, moi ben a gran taekwondista Silvia, ata que no minuto 20´, nun excelente pase en profundidade da capitana Jani, Alba queda soa ante a gardamallas visitante e coloca o balón onde esta no pode chegar. Décimosegundo tanto en competición oficial da gran extremo azul.
Tamén destacar un remate de tacón de Carla a centro de Carlota no 27´ parado in extremis. No minuto 33´, nun balón dividido a porteira visitante por inercia levase por diante a Clara nun penalti clamoroso, pero non foi pitado e asi se chegou ó descanso.
feminino_01.jpg


Nos primeiros minutos do segundo tempo o xogo ralentizouse moito e o dominio foi alterno, destacar sendos remates por riba de Clara (49´) e Rebeca (53´).
No 69´ Silvia lanzou unha boa falta que a porteria enviou a córner, foi o preludio do 2-0. No 71´ noutro gran pase en profundidade Clara remata soa ante a porteria, que rexeita por dúas veces, Carlota, atenta, recolle o despexe e aproveitra pra marcar a sentencia coa colaboración da defensa. O seu 22º tanto en competición oficial. O 3-0 chegou nun sensacional lanzamento de falta de Nato (77´), que acababa de saír, ante o que a porteira nada puido facer.
Xa nas postrimerías do encontro, nunha xogada dentro da área, ante a presión de Alba Romero, Judí despexa o balón e acaba introducíndoo na súa propia portería pechando o marcador co 4-0 definitivo.
En definitiva tres valiosos puntos, e anque non foi o mellor partido, moi ben o As Pontes a nivel de clasificación, 13 puntos en 7 encontros reflicten unha situación inmellorable pra un equipo que ano tras ano, perde a xogadoras, non diremos básicas, senón imprescindibles, e que a día de hoxe, ademáis de contar con moitas rapazas novas, non dispón de ningunha dianteira nata, e tense que “reinventar” en cada partido. Aínda asi, en sete encontros, catro victorias e un empate, inmellorable.
CD AS PONTES. Leti, Mireia (Carmela 69´), Andrea Pita (Nato 69´), Jani, Silvia, Lara, Alba Barro (Laura Permuy 72´), Noelia, Clara (Alba Romero 76´), Carlota, Carla (Lía 60´).
SD SILLEDA. Nerea, Belén, Noemí, Raquel (Tamara 79´), Cati, Judí, Carmen (Paula 81´), Vanessa Oliveira (Vanessa Vilariño 83´), Ana (Anxela 60´), Rebeca (Leidy 77´), María
Goles: 1-0, Alba Barro (20´), 2-0, Carlota (72´), 3-0, Nato (77´), 4-0, Judí, en propia meta (91´).
Árbitro: Diego Mato (Ferrol).
Campo e Incidencias: Campo Anexo Jose, 100 espectadores en tarde soleada.
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
Para máis información http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios