TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: S.D. XOVE – O ESTEO F.S. (3-8)

21

O Esteo colócase líder do seu grupo ó gañar en Xove por 3-8 e perder na Coruña o Rececende diante do Ventorrillo. Partido da cuarta xornada de liga da Terceira División de fútbol sala disputado no polideportivo de Xove ante uns cen espectadores.
Cuarta vitoria do Esteo en catro partidos disputados na presente campaña diante do ascendido Xove, o que lle permite ser primeiro en solitario do seu grupo. O Xove opuxo resistencia nos primeiros compases do partido, pero ós poucos minutos o dominio pasou a ser dos ponteses, que fixeron un bo partido, tanto en defensa como en ataque. A primeira parte comezou con dous rápidos goles de Gerardo, acurtando diferenzas Dani para os da Mariña, chegándose ó descanso co resultado de 1-4, con dous goles máis do Esteo por mediación de Pelu e Rubi. A segunda parte comezou cun tanto do goleador local Dani. Noé marcaba de penalti feito sobre Rubi e Dani de novo volvía a marcar para o seu equipo de disparo directo. Nos minutos finais o Xove sacaba porteiro-xogador, pero os ponteses defendéronse ben e ó contragolpe lograron tres goles máis por medio de Noé, autor de catro goles do seu equipo. Na vindeira xornada o Esteo recibe na casa ó Mera B.
esteo.jpg


S.D. XOVE: Alvaro, Chelis, Dario, Dani, Ivi –cinco inicial- Borja, Alex, David, Iago e Rouco.
O ESTEO FS: Niceto, Pellón, Gerardo, Noé, Rubi –cinco inicial- Gerveno, Diego Pellón e Pelu.
ÁRBITROS: Castro Bermudez e Alvarez Lopez. (Lugo). Amoestaron a Chelis, Dani e Niceto.
GOLES: Min. 1 (0-1), Gerardo. Min. 2 (0-2), Gerardo. Min. 3 (1-2), Dani. Min. 17 (1-3), Pelu. Min. 19 (1-4), Rubi. Min. 23 (2-4), Dani. Min. 27 (2-5), Noé (penalti). Min. 29 (3-5), Dani. Min. 37 (3-6), Noé. Min. 38 (3-7), Noé. Min. 39 (3-8), Noé.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios