VI Festival de Outono

66

O vindeiro sábado 22 de outubro celebrarase na Igrexa Parroquial de Santiago de Pontedeume o VI Festival de Outono de canto coral organizado pola Agrupación músico vocal Alegre Intermezzo, coa colaboración do Concello de Pontedeume e a Deputación Provincial da Coruña.


Neste Festival, sexto consecutivo que organiza a Agrupación músico vocal Alegre Intermezzo, actuarán a Coral Máximo Gorki de Vigo, dirixida por César Lorenzo Álvarez e a Polifónica Coruñesa Canticorum, baixo a dirección de Pablo M. Carreira. A dirección musical de Alegre Intermezzo está a cargo de Ofelia Regueira Fernández.
O pasado 8 de outubro, Alegre Intermezzo participou no XI Certame de Rondallas e Corais de Ourense, organizado pola Federación de Corais Galegas (Fecoga) no que acadou o terceiro posto do certame. No mes de setembro, dentro da programación cultural das Festas de Pontedeume tivo lugar a VI Mostra de Corais-Fecoga na que Intermezzo tivo unha destacada actuación.
+ información en http://alegreintermezzo.blogspot.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios