ABATIDO UN XABARIL DE 140 QUILOGRAMOS

68

Na tarde de onte venres foi abatido no lugar do Castelo, situado ó leste da parroquia das Pontes lindando co concello das Somozas, un exemplar de porco bravo que ó pesalo deu nada máis e nada menos que 140 quilogramos, cando o habitual as pezas abatidas deste mamífero paquidermo habitual en Galicia veñen sendo de entre sesenta e cen quilogramos de peso, segundo manifestou Ricardo Liñares Rosende, presidente da Sociedade de Caza e Pesca A Venatoria, de As Pontes.
O paquidermo foi abatido por Andrés Casás Gato, que formaba parte dunha partida de catorce cazadores da sociedade de Caza e Pesca A Venatoria de As Pontes. Esta mesma sociedade xa ten abatido hai uns anos pezas de 110 e 135.
jabali1.jpg


jabali2.jpg
Nova cortesía da Venatoria

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios