TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 4 CD LALÍN 0

20

Victoria importantísima e tres puntos vitais para un As Pontes que hoxe recibía ó colista Lalín. O encontro quedou condicionado ós oito minutos, Hugo Soto marchase so, anque o seu control vaiselle un pouco longo, hai un posible empuxón de Rubén Méndez por detrás, e ó ser o último home o colexiado sacalle o cartón vermello. Mellor se lle poñían as cousas ós locais cando tralo lanzamento de falta Bossa co seu guante marca pola escadra o 1-0 (9´).
cdaspontes_0001.jpg


Sen embargo ahí o As Pontes acusou o síndrome de xogar contra un menos e co marcador a favor e os de Laín chegaron a ter ata catro ocasións moi claras que unhas veces por falta de puntería e outras Simón fixeron que o casilleiro se mantivese a cero.
Así, no 16´ cabezazo de Nacho que marcha bicando o longueiro, no 16´ xogadón de Mateo que recorre 40 metros e o seu disparo final e desviado a córner nun paradón de Simón. No 24´e 27´ a saque de córner e falta respectivamente, David Suárez e Manu, con todo a favor, cabecean fóra.
Pero ahí acabou a resistencia visitante, e no 29´ xa tivo unha ocasión moi clara Hugo Soto tras asistencia de Arias pero fallou no control. Resarciuse cinco minutos máis tarde, tras unha gran combinación do cadro local, que semellaba os flamantes All Blacks, Arias a Bossa, e este a Hugo Soto que marca dun trallazo de tiro cruzado (34´).
Puideron sentenciar os azuis cando no 40´ tras un gran centro e mello control orientado do primo de Adrián López, Moncho, este queda so, pero o seu disparo marcha desviado.
No segundo tempo, con todo xa case decidido, os visitantes buscaron a milagre, ata que no 63´ nunha gran xogada de Dieguito, Luis Coedo queda so e marca o 3-0 da sentencia.
Puido ampliar o marcador o As Pontes no 78´ tras un pase ó oco de Chicho, Sergio Arias queda en posición franca, regatea a Pedro pero escórase moito e queda sen ángulo.
Xa nas postrimerías, e tras unha falta o colexiado saca dous cartóns a Nacho e o Lalín queda con nove. O canteirán Chus Cañizares non quixo ser menos que Bossa e marcou pola escadra tras un perfecto lanzamento ó que estivo a piques de chegar o gardamallas visitante (88´).
Tres brillantes puntos pra un As Pontes que suma 11, e sería interesante que sacase algo positivo da súa visita ó penúltimo clasificado Cultural Areas, sobre todo tendo en conta que o martes 1 o Ourense visitará o Poboado.
Resaltar que os dorsais do As Pontes para esta temporada 2011-12 serán os seguintes. 1 Simón, 2 Fernando, 3 Jordi, 4 Cata, 5 Rochela, 6 Dani, 7 Iván González, 8 Chote, 9 Hugo Soto, 10 Bossa, 11 Pablo, 13 Iván Parapar, 14 Angeriz, 15 Sergio Arias, 16 Dieguito, 17 David Amado, 18 Cañizares, 19 Javi López, 20 Coedo, 21 Esmorís, 22 Moncho, 23 Chicho.
4 CD AS PONTES. Simón, Moncho, Rochela, Chote, Javi López, Cata, Coedo (Fernando 64´), Bossa (Cañizares 72´), Dieguito, Sergio Arias e Hugo Soto (Chicho 69´).
0 CD LALÍN. Pedro, Rubén Méndez, Gus, Antonio, Nacho, Jaime (Iván Fernandez 45´), Manu, Iván González (Fernando 69´), Nuno, Mateo e David Suárez (Basán 88´).
Árbitro: Antonio Leiras Martínez (Lugo). Auxiliado nas bandas por Montesinos Leal e Martínez López. Expulsou con vermella directa a Rubén Méndez (8´) e a Nacho por dobre amonestación (87´). Cartón amarelo para Simón, Moncho, Coedo, Bossa, David Suarez, Nuno e Fernando.
Goles: 1-0, Bossa (9´), 2-0, Hugo Soto (34´), 3-0, Coedo (63´), 4-0, Cañizares (88´).
Campo e incidencias: Campo do Poboado. Algo máis dun cento de espectadores nunha tarde que rexistrou as primeiras chuvias da temporada tras moitas semanas.
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios