SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 1 MILAGROSA 2

97

[Cortesía de Antón e Xosé Ferreiro] Visitaba hoxe o campo do Poboado un vello coñecido da parroquia pontesa, a Milagrosa, o segundo clasificado, pola séptima posición das pontesas. Ante a diferencia de idade, centímetros e corpo, pra empezar ó As Pontes quedaballe a baza defensiva, pero dous goles tempaneiros das lucenses botaron por terra case todas as aspiracións.
feminino_0001.jpg


Pero hoxe xogou ben o As Pontes, máis aló do resultado, con moita vontade, pero o equipo está baixo mínimos nalguns postos, e as cativas fan o que poden.
Ben Leti na porta, contundentes as dúas centrais Silvia e Noelia, zafarrancho Yaiza, moi ben Lara e Jani de secantes, por bandas Andrea e Lía crecendo, Carlota regateando, e arriba de estiletes Clara e Alba, o seu sitio é a banda, pero ante a ausencia de dianteiras natas neste equipo teñen que amoldarse en cada partido, non queda outra.
E respondeu moi ben ó As Pontes ós dous tantos, en lugar de virse abaixo e caer goleadas contra un equipo moi superior fisicamente, foron arriba en busca do gol que acurtara distancias, as visitantes, con cabeza fría, recuaron pra manter a ventaxa, e anque non dispuxeron de ocasións moi claras as azuis, tiveronas Jani, Lía e Alba, que foi a que mellor e máis activa estivo no ataque, por dúas veces, a segunda nun gran tiro dende a frontal que saiu bicando a cruceta.
No segundo tempo o control foi alterno ata que a falta de 20 minutos, o colexiado sinala un penalti e a xogadora de San Sadurniño Noelia non falla, coma sempre, e pon o 1-2 no marcador e consigue o seu sexto gol oficial.
De ahí ó final o As Pontes foi a polo empate incorporando ó ataque as xogadoras de máis talla, Salido, que ademáis de un tipo afable, ten que facer malabarismos en cada partido coas aliñacións colocou á porteira Alba Romero arriba, a verdade é que a velocidade non hai quen lle gañe.
Co tempo cumprido, en sendos saques de córner, Lara (89´), que mandou alto, e Clara (92´) que rematou cos xeonllos ás mans da porteira tiveron o empate nas botas, pero as azuis pagaron caro a ausencia dun nove rematador.
Pouco máis puido facer un As Pontes voluntarioso, ante un equipo con máis envergadura e alternativas, que xogou un partido moi serio. Este martes viaxan por primeira vez a Ourense pra xogar co A Rúa, e tratarán de traer os tres puntos ante un rival que será compricadísimo a pesar do que reflicte a táboa clasificatoria.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
CD As Pontes. Leti, Yaiza, Silvia, Jani, Noelia, Lara, Lía (Carla 69´), Alba Barro (Alba Romero 69´), Carlota, Clara e Andrea Pita.
Milagrosa. Jessi, Laura, Sonia, Iria, Yoli, Mika, Mini (Helena 91´), Inma, Emma (Maria 88´), Tamara (Luchi 85´) e Jesi (Tucha 69´ Ana 90´)
Goles: 0-1, Emma, 0-2, Mika. 1-2, Noelia, de penalti.
Campo e incidencias. Campo Anexo Jose. Uns 150 espectadores en tarde fría pero soleada.
Árbitro: Brais Ferreiro
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios