ALEX CABARCOS XOGARÁ EN SANTA COMBA COA SELECCIÓN GALEGA SUB18

103

[Cortesía de Antón e Xosé Ferreiro] O futbolista pontés Alex Cabarcos Souto foi convocado para unha concentración este martes coa selección galega sub18, que se levará a cabo pola mañá, a partir das 10:30, e posterior partido pola tarde ante un conxunto de afeccionados da zona de A Costa, nun encontro que se xogará no Campo de Fontenla, en Santa Comba.


Nesta convocatoria so acuden 21 xogadores dos que se deduce que sairán os 18 definitivos que representarán a Galicia no Campionato de España, sumado ó porteiro celeste Rubén Blanco que ven de facer unha excelente participación coa selección española na primeira fase do Europeo Sub17 Eslovenia 2012 como porteiro titular, por diante de Ander Cantero (Osasuna), nos encontros ante Montenegro (1-2), Malta (0-6) e Polonia (0-2).
Os convocados son:
R.C.Deportivo: David Gómez, Gabriel Sanin, Daniel Iglesias, Juan Barros, Jorge De Dios
R.C.Celta: Fernando Cuadrado, Jose Varela, Alberto Rey, Jonathan Castro, Jordán Domínguez
Racing Club de Ferrol: David Remeseiro, Sergio González, Alex Cabarcos
Pabellón Ourense: Karim Herrero, Diego García, Alejandro Ocampo
CD Lugo: Isaac Fernández, Héctor Sánchez
CD Conxo: Sergio Lorenzo, Alberto Peña
Montañeros BG: Alejandro Ares
Quen tamén está perfeccionando o seu equipo é o seleccionador galego sub16 que so leva a 19 xogadores, dos que en principio terá que facer un descarte, e no que, salvo sorpresa, semella que Enrique terá que agardar á súa selección natural do ano que ven, os de 1997.
Os sub16 xogarán un encontro amistoso ante un combinado xuvenil da zona do Barbanza nun partido que se disputará no Campo de Vista Alegre en Boiro
Bos mimbres ten o seleccionador Tino Arce, xa que esta semana ata cinco xogadores galegos foron convocados pola selección española sub16, o media punta de Burela Julio Delgado e os dianteiros, o vigués Yelko Pino, o xogador de Sada Javier Fernández “Bicho” e o punta de Agolada Adrián Iglesias. Non poderá contar co porteiro Santiago Canedo, que ó oxgar co Atlético de Madrid terá que competir coa selección madrileña.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios