O CLUBE DE ATLETISMO OLYMPO DE AS PONTES COMEZA A TEMPADA 2011-2012

54

[Cortesía de Susana Castro e Xosé Ferreiro] Este 1 de novembro comeza a temporada atlética anque o Clube de Atletismo Olympo de As Pontes xa comezou a correr este pasado 15 de Outubro na súa primeira competición, a 2ª Carreira Popular do Concello de Xermade, que contou cun tempo soleado, un circuito atractivo de 5500 metros e unha moi boa organización.
olympo_1.jpg


O vencedor senior masculino foi Daniel Trigo do Egovarros de Viveiro, seguido de Marcos Oro e Antonio Pulpeiro. Na categoría de veteráns, gañou Jose Manuel Corral, seguido de Jose Ángel López e Modesto Barro do Olympo, que acadou a medalla de bronce. No cómputo xeral, polos ponteses do Olympo a clasificación foi a seguinte: 6º Jorge Penabad, 9º Modesto Barro, 17º David Castro, 19º Luis Vilasuso (sendo ademáis o primeiro clasificado de Xermade), 20º Manuel Ferro, 23º Pablo Bouza, 37º Miguel Vilaboy, 55º Hugo Blanco e 58º Xalo Maira.
olympo_2.jpg
Na competición feminina, na categoría de veteráns, Ana Dopico e Susana Bellas (ex gañadora do Descenso do Sella), do Olympo, acadaron as medallas de ouro e prata, namentres que na clasificación xeral absoluta, gañou Guadalupe Lodeiro da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, segunda Eusebia Maldonado, e terceira María Souto. Polas pontesas do Olympo, cuarta a gran Susana Castro, quinta Ana Dopico, sexta Susana Bellas, oitava a gran ex piragüista campiona de España e irmá de Antonio, Virginia Polo, 13ª Rocío Fontao, e 18ª María Jesús Castro.
olympo_4.jpg
Para este ano o clube conta co fichaxe-retorno de Susana Castro, que, con moitos compromisos profesionais, once anos despois, a gran deportista pontesa, tres veces campiona de España e preto de 30 veces campiona de Galicia, volve competir no clube dos seus comezos, o Olympo.
olympo_3.jpg
O equipo está composto na actualidade por Celso Barro, Modesto Barro, Natalia Barro, Juan Carlos Barro, Patricia Barro, Susana Bellas, Tania Bellas, Hugo Blanco, Pablo Bouza, María Jesús Castro, David Castro, Susana Castro, Ana Dopico, Belén Dopico, Manuel Ferro, Rocío Fontao, Xalo Maira, Xose Manuel Meizoso, Javier Montero, Jorge Penabad, Abel Pérez, Virginia Polo, Fernando Vilaboy, Miguel Vilaboy e Luis Vilasuso.
E precisamente dende o Clube e aproveitando que comeza a temporada quere facerse un chamamento para toda a xente que se queira apuntar a facer deporte con eles que se poñan en contacto co clube que serán moi ben recibidos (atletismoolympo@gmail.com).

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios