Nota de prensa BNG: Nos Orzamentos da Xunta para As Pontes, non existe ningunha actuación nova

25

Nas actuacións do Plan do Carbón, esquécense das Pontes.
A proposta de Orzamentos da Xunta de Galiza para As Pontes non recolle ningunha actuación nova no noso concello.
Só son significativas dúas partidas para continuar as obras de subministro de gas natural e da Edar, actuacións ámbalas dúas que xa foran iniciadas anteriormente polo Goberno Bipartito.


Porén, na memoria da Consellaría de Economía e Industria afírmase, textualmente que nas actuacións relativas á mellora da actividade económica nas comarcas mineiras, incluídas no Plan do Carbón 2006-2012, dirixiranse especialmente aos concellos de Cerceda, As Somozas e Ordes, esquecéndose totalmente das Pontes.
Débese lembrar que, dende que goberna o PP, non se investiu nin un só euro en obras de infraestruturas do Plano do Carbón nas Pontes.
Por iso, é dobremente grave o actual esquecemento do noso concello, constátase o desleixo histórico que o PP tivo co noso pobo.
Pero máis grave é a aínda que, logo de dous anos e medio de goberno, non sexan quen de abrir o Centro de Día e as Vivendas Interxeneracionais, actuacións demandadas polo anterior goberno municipal nacionalista e atendidas dende as Consellarías do BNG no Bipartito, nin tampouco que executen a ampliación de Penapurreira ou unha dotación íntegra (radioloxía, recuperación da praza de pediatría) ao PAC do Sergas.
O tempo deste goberno do PP é un tempo perdido para o Concello das Pontes.
Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios