TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – CALOTO LOYO (8-3)

21

Sétima vitoria consecutiva do Esteo diante do Caloto-Loyo, de Sarria, por 8-3. Ó descanso 3-1 a prol dos locais. Boa entrada no pavillón municipal da Fraga, uns 250 espectadores nas gradas.
O Esteo afiánzase na primeira posición do seu grupo da Terceira División de fútbol sala logo da súa cómoda e clara vitoria sobre o pechacancelas por oito goles a tres. Na primeira metade o conxunto pontés fixo un xogo de gran calidade e unha boa defensa. Rubi, con dous tantos, e Chavo poñían en vantaxe ós locais. Sen embargo, nun fallo local os visitantes acurtaban diferenzas por medio de Marcos. A segunda parte comezou co claro dominio dos ponteses, que logran dous goles máis por medio de Noé e Rubi. Ós dez minutos desta segunda parte o meta Niceto parou un disparo contrario e dende a súa propia área marcou un gran gol poñendo o 6-1 no marcador. Nos instantes finais Rubi marcaba o seu cuarto da tarde e Noé de dobre penalti poñía o oitavo do seu equipo, aínda que con anterioridade Jairo lograba o segundo para os visitantes e finalmente Iván puxo o definitivo 8-3. Na vindeira xornada ó Esteo correspóndelle descansar pola retirada do Coruña FS.
esteo_0001.jpg


O ESTEO FS: Niceto, Gerveno, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Pellón, Anxho, Chavo, Santi, Pelu e Diego.
CALOTO-LOYO: Nicando, Marcos, Jairo, Daría, Carlos –cinco inicial- Iván, Ángel, Adrián, José e Jorge.
ÁRBITROS: Menéndez Nistal e Rivas Fouz (Viveiro). Amoestaron a Rubi e Chavo, do Esteo, e a Jairo e Darío, do Caloto.
GOLES: Min. 6 (1-0), Rubi. Min. 7 (2-0), Rubi. Min. 15 (3-0), Chavo. Min. 16 (3-1), Marcos. Min. 26 (4-1), Noé. Min. 30 (5-1), Rubi. Min. 31 (6-1), Niceto. Min. 33 (6-2), Jairo. Min. 35 (7-2), Rubi. Min. 36 (8-2), Noé (dobre penalti). Min. 37 (8-3), Iván.
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios