RUGBY: PRIMEIRA DIVISIÓN REXIONAL GALICIA 2011-12: CR FENDETESTAS AS PONTES 5 CR FERROL 17

27

Derrota do cadro pontés no derbi disputado o pasado sábado ante o conxunto ferrolán por 5-17. Ó descanso chegouse con 5-7 no marcador.
fendetestas_0001.jpg


Comezaron adiantandose os ferroláns cun ensaio e posterior transformación, pero ó borde do descanso os verdes fixeron un ensaio e aproximabanse con 5-7 antes de chegar ó intermedio.
No comezo do segundo tempo os verdes apretaron e nos primeiros vinte minutos foron en busca de darlle a volta ó marcador, ata por catro veces quedaron ó borde de facer ensaio, morrendo todos os seus intentos a escasos metros da liña de 22, pero non conseguiron mover o tanteador nin nun golpe de castigo que mandou Kiko por fora.
Nos últimos minutos, os ferroláns, con máis chispa física, sentenciaron o encontro por medio dun golpe de castigo, e un ensaio e transformación nas postrimerías, que lles outorgaron 10 puntos máis.
Os verdes, que a pasada semana fixeron a hombrada de vencer con dous xogadores menos todo o encontro ó Crat coruñés por 22-25, son oitavos nunha clasificación liderada polo Vigo, con 20 puntos, Ourense con 16, seguido de Lalín e Zalaeta de Arteixo con 15 puntos. Quinto sería o Mareantes con 10, con 9 estarían Muralla de Lugo, Ferrol e Fendetestas. Noveno o Crat con 6, Santiago 5, Bierzo 4 e pecha o Pontevedra con 1.
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios