Club de Montaña O Caxado

31

Estas son as actividades organizadas polo Club de Montaña O Caxado nas últimas semanas. Os dias 28,29,30,31, e o 1 de Novembro 15 compañeiros foro a facer varias rutas na zona das Ubiñas e no Parque Natural de Somiedo. Este é o relato do feito neses días, contado por eles mesmos:
“O dia 28/10/2011 máis ou menos as 20:00 horas chegamos ao refuxio que a federación galega de montaña ten en Torrebarrio (San Emiliano, León), despois de instalarnos e tomar un cea lixeira, puxemonos a decidir a actividade que fariamos a maña seguinte, ao pouco tempo x atemos claro o que iamos facer.
Dia 29/10/2011 sábado, levantémonos as 6:30 da maña cunha importante xeada e temperaturas moi baixas, as 8:00 xa estábamos os 13 compoñentes preparados e fora do refuxio para sair e intentar subir a Pena Ubiña (2417 mts.), coas primeiras luces do dia e aorredos das 10:00 atopámonos na base de pena Ubiña, collado do Ronzón (1762 mts.), e despois de tomar un tentenpe decidimos subir polo amplo canalón que nos conduce a parte alta do espolón oeste, polo que se continua cara a cima, unha vez na cima e despois de disfrutar da paisaxe e facer as fotos pertinentes cos membros do club que facian o seu primeiro dousmil, poñémonos a descender pola impresionante canal este que nos leva hasta o collado Terreos, onde decidimos comer un pouco para coller novos folgos e intentar a subida a pena Ubiña pequena (2197 mts.), que conseguimos facer e disfrutala nas últimas horas do dia.
O dia 30/10/2011 e con dous compañeiros máis que se unirón a nos na noite anterior desprazámonos ao pobo de La Peral no parque nacional de Somiedo, para facer a ruta de sendeirismo PR.AS-14 de la Peral a Villar de Vildas, esta e unha ruta de 13 Km lineales e de dificultade media cún tempo estimado de 5h. 30min, e a cal nosoutros fixemos circular atopando un camiño dende a braña de La Pornacal e ascendendo a serra do Paramu para volver hasta o pobo de La Peral.
Dia 31/10/2010, volvemos madrugar para facer unha nova ruta, que esta vez nos leva a estar as 8:00 no alto da Farrapona onde deixamos os coches e comenzamos o recorrido polos lagos de Saliencia, pero de esta vez imos improvisar un recorrido circular pola base dos picos Albos e territorio de Alta montaña saindo a parte alta de Lago del valle, despois dunha baixada e unhas vistas espectaculares, para despois enlazar co PR.AS-15 Ruta valle del lago e poder disfrutar dos lagos de Saliencia.
Dia 01/11/2011, último dia, pola maña recollemos o campamento e tomamos dirección As Pontes para visitar as Covas de Valporquero.”

caxado_0001.jpg
Mentras este grupo estaba pola montaña astur-leonesa, outro grupo de xente dedicamonos a buscar o camiño entre As Pontes e Somede tentando de evitar o asfalto toddo o posible para logo o día 6 de Novembro facer esa ruta aberta a todo o público. Tal foi que se conseguiu que o Domingo día 6 saiamos 26 camiñantes do aparcadoiro do Eroski as 9 da maña e logo de subir seguindo o rego do Brixeo, pasar por Marraxón, Cervicol, Suarriba, A Calvela ate chegar á saida do Rego dos Campos ó encoro do Eume, para dende alí seguir rego arriba polas fervenzas de Somede e logo continuar ascendendo ate o Caxado, onde nos recolleu o autobus as 2 e media da tarde.
caxado_0001.jpg


caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
caxado_0001.jpg
Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios