TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 0 ALONDRAS CF 1

49

En moi mala situación queda o As Pontes trala derrota de hoxe ante o segundo clasificado, o Alondras, por 0-1, no partido xogado hoxe á tarde no Campo do Poboado.
aspontes_alondras-0001.jpg


Nun primeiro tempo sen moitas ocasións puido anotar o As Pontes, no 18´, un centro de Arias, o balón pasease pola área chica e Soto en boca de gol non acerta a rematar, e no 41´, un tiro de Iván González e Arias non consigue aproveitar o rexeite do gardamallas.
Na segunda metade puidose adiantar o As Pontes, pero, a parte dos erros propios, nos últimos encontros, tres tiros ó poste en Ponteareas, o tiro ó longueiro ante o Ourense, o poste en Negreira, e hoxe, no 54´, tras un penalti cometido por Nano, o tiro ó estilo Panenka de Bossa, ó contrario que o ex checoslovaco en 1976, foise por alto e perdeuse a ocasión máis clara de gol.
Un minuto despois Iván González empalou desde fóra da área e o balón saiu rozando a escadra. Tiveron a súa os de Cangas no 64´ cando tras unha indecisión defensiva, Iago queda so, pero gañalle a partida Simón.
No 71´ chegou o gol visitante, tras un saque de falta dende a esquerda, sen aparentemente moito perigo, peina hacia arriba Andrés, e Mauro, so en boca de gol, cabecea ó fondo das mallas.
Instantes despois Fernando marchou pola dereita e fixo un centro chut que rexeitou Nando, e o balón paseouse pola área sen que Moncho atinara a marcar.
No 82´, o ex xogador do Racing e das seleccións galegas inferiores, Permuy, puxo a proba a Simón nada máis saír, pero mandou o balón a córner.
Nos últimos minutos o As Pontes, co revulsivo Dieguito por banda, foi un querer e non poder ante un conxunto moi forte defensivamente, estando no banquiño ó habitual central titular, o ex celtista David Sestelo, 4º clasificado no Europeo Sub17 Dinamarca 2002 coa selección española.
Ó remate do encontro fuxiron tres puntos para Cangas de un As Pontes que quizáis mereceu máis, pero os tiros ós postes e os erros nos penaltis nesta categoría que non perdoa a ninguén paganse moi caros, e os azuis necesitarán gañar si ou si a semana que ven ante o Vilalonga, xa que están quintos pola cola con 12 puntos, e rezando pra que non baixen a Terceira Montañeros e Celta B.
CD AS PONTES. Simón, Moncho, Angeriz, Rochela, Javi López, Cata, Bossa, Fernando (Dieguito 74´), Iván González (Coedo 86´), Hugo Soto (David Amado 64´) e Sergio Arias.
ALONDRAS CF. Nando, Fran, Nano, Rubén Comesaña, Colme, Outeiral, Mauro (Serxio 88´), Leiro, Andrés (Permuy 79´), Santi (Sito 90´) e Iago.
Campo e incidencias: Campo do Poboado. Uns 200 espectadores en tarde soleada. Partido correspondente á 14ª xornada.
Árbitro: Alejandro Del Río Amor (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Taboada Dafonte e Méndez Castro. Amonestou a Fernando, Bossa, Nano e Mauro. No desconto expulsou a Mariño, que hoxe facía de adestrador pola sanción de Lemos.
Goles: 0-1, Mauro (71´).
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
aspontes_alondras-0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios