RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

46

O equipo feminino caeu en Tordoia 1-0 no derradeiro encontro da primeira volta, o tanto foi anotado pola dianteira Laura no minuto 60´ dun forte disparo, a pesar de dominar máis as pontesas durante todo o encontro. Xogaron polas azuis Leti, Yaiza, Silvia, Jani, Mireia (Uxía 75´), Lara, Lía (Alba Romero 75´), Alba Barro, Clara, Carlota (Candela 83´), Laura Permuy (Carmela 60´) no encontro disputado no Campo de A Rega e arbitrado por Casal Taboada. O As Pontes iniciará a segunda volta visitando ó Monteforte nun partido que se agarda moi complicado. As azuis rematan a primeira volta con 20 puntos, 6 victorias, 2 empates e 4 derrotas, un balance moi positivo tendo en conta cas arencias en certos postos (cortesía de Javi Salido).


O segundo equipo do As Pontes non puido sacar nada positivo da súa visita a Fene onde perdeu co Barallobre por 3-2. Esta derrota ante un dos rivais de abaixo deixa ós de Calpita nunha incómoda situación, décimoterceiros con 11 puntos. Duelo de filiais, ante o Galicia de Mugardos a semana que vén, encontro no que de lograr unha vitoria resultará vital para abandonar os postos de abaixo.
Gran empate do xuvenil B a domicilio ante un dos favoritos, o Cedeira (3-3), conxunto que os eliminou o ano pasado nas semifinais da copa, e posterior vencedor nos penaltis ante o todopoderoso Galicia de Caranza. Os de Javi son novenos con dez puntos recibindo a semana que vén ó Aspirantes.
Nun encontro intranscendente e pensando nas semifinais, os cadetes cederon o primeiro empate da liguiña, diante do Racing San Pedro B (3-3), e acabaron liderando o seu grupo terceiro con 22 puntos, por 12 do San Sadurniño, Cultural Maniños 10, Racing San Pedro B 9 e Amistade de Meirás 4. Coa confirmación da clasificación do San Pedro no grupo 1 xa se sabe que xogarán as semifinais o favorito Galicia de Caranza contra San Pedro e As Pontes contra O Val, equipo que xa gañou a Copa o ano pasado precisamente ante o As Pontes (3-1), con varios xogadores de primeiro ano.
O equipo infantil poal súa banda logrou a súa primeira vitoria da liga ó vencer ó Perlío por tres goles a cero, con dous tantos de Josiño e un de Jose Luis. Suma os seus tres primeiros puntos e a vindeira xornada semella que descansarán por retirada do Barallobre.
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
Xenial o Alevín A que gañou (5-7) nun partido moi disputado ó San Sadurniño, con tres goles de Sergio Otero, e dous de Bruno e David, e suma os seus seis encontros por vitorias. Neste grupo na zona de arriba ninguén afrouxa e a As Pontes, Amistade de Meirás, Eume B e Caranza B so os separan 3 puntos. A vindeira semana, ás 10:00 da mañá no Poboado, os que podan ir terán que madrugar para ver o duelo entre os dous primeiros clasificados, As Pontes e Amistade de Meirás.
O Alevín B caeu derrotado 0-5 ante o colíder O Val, e complicado terá sumar os seus primeiros puntos na súa visita ó terceiro clasificado, Galicia de Mugardos, a semana que vén. Pecha a táboa xunto con San Pedro B, Caranza E e Cedeira B.
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
O Benxamín A empatou a 2-2 ante O Val, e vai oitavo con 7 puntos, a semana que vén terá un rival complicadísimo pois recibe nas Pontes ó líder invicto Ortigueira, que gañou os seus cinco encontros por goleada.
O Benxamín B pola súa banda perdeu 1-6 ante o conxunto ferrolán do Portuarios, tanto de Javi, e continúa pechando a táboa xunto a San Pedro e O Val B. Xornada propicia pra lograr os primeiros puntos a vindeira semana na que visitan precisamente ó Val B en Sinde.
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
O Prebenxamín A logrou a súa cuarta victoria da temporada ó gañar 3-1 ó Perlío, goles de Mario, Iker e Sergio Fraga. Van quintos con 12 puntos. A semana que vén visitan ó Narón BP.
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
Boas novas nos trae Xose Blanco de terras naronesas onde o venres o Prebenxamín B gañou 0-6 ó Narón BP B e xa suma 4 puntos e o seu primeiro triunfo da temporada. Marcaron Anxo Rey, Anxo Blanco, Sergio, Álex Montero e David Carballo (2). A semana que vén recibirán ó sorprendente líder Barallobre, que só cedeu un empate en seis encontros.
prebenxamin_b.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios