Nota de prensa BNG: En resposta a unha pregunta do BNG, a Xunta anuncia a apertura do Centro de Día das Pontes

24

En resposta a unha pregunta do Deputado do BNG, Fernando Branco Parga, a Consellaría de Traballo e Benestar anuncia a apertura do Centro de Día de As Pontes para este último trimestre de 2011.
Este Centro de Día foi adxudicado pola Vicepresidencia da Xunta do anterior Goberno Galego, ten unha capacidade para 30 persoas e leva máis de dous anos rematado, esperando polo seu equipamento e pola contratación de persoal.
Dende o BNG alegrámonos da apertura deste importante servizo social -xa anunciada para o pasado mes de xuño-, mais lamentamos que se privatice a xestión dun servizo que estaba prevista fose pública.
Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios