FÚTBOL-7 DE VETERANOS: CAMPIONATO DE LIGA 2011/12

40

Disputouse a sétima xornada de liga de fútbol de veteranos, na que o máis salientable é o empate a un gol entre Cafetería Bahía e Farmavida e as goleadas de As Pontes 74 e Mobles Eume sobre A Cepa e MMYPEM, equipo que xunto a Maren aínda non puntuaron no campionato. La Galaxia gañou sen dificultades a Maren por 3-1 e Santaballés superou pola mínima (2-1) a Construcións Guerreiro.
Comparten o liderato, con dezaseis puntos, Mobles Eume e Farmavida. En terceira posición está Santaballés, con 15 puntos. A continuación están As Pontes 74 (13 puntos), Construcións Guerreiro (12), Cafetería Bahía (11), La Galaxia (9), A Cepa (7), Xuntanza (1 punto) e pechan a clasificación con cero puntos, Maren e MMYPEM.
Non hai variacións en canto á táboa de goleadores. Segue primeiro Juancar (C. Guerreiro), con 11 goles. Logo están Michel (C. Guerreiro) e Fernández (A Cepa), con seis goles. Con catro figuran Susín (M. Eume), Iván (Santaballés) e Tino e Salido (Farmavida).
veteranos_0001.jpg

7ª XORNADA (12/13-11-2011)
C. Bahía – Farmavida (1-1)
MMYPEM – M- Eume (0-8)
C. Guerreiro – Santaballés (1-2)
As Pontes 74 – A Cepa (4-0)
Maren – La Galaxia (1-3)
Descansou: Xuntanza

8ª XORNADA (19/20-11-2011)
A Cepa – Maren (19, 19,00)
Xuntanza – MMYPEM (19, 20,00)
Farmavida – C. Guerreiro (20, 10,00)
La Galaxia – C. Bahía (20, 11,00)
M. Eume – As Pontes 74 (20, 12,00)
Descansa: Santaballés

veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
veteranos_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios