Nota de prensa BNG: O prazo para solicitar unha vivenda de promoción pública en aluguer nas Pontes aínda está aberto

28

O pasado mes de setembro, o parlamentar pontés do BNG Fernando Branco rexistraba unha pregunta(pdf) sobre do proceso de adxudicación das 32 vivendas interxeneracionais, promovidas pola Vicepresidencia do goberno bipartito en colaboración co anterior goberno municipal nacionalista.
Na súa resposta (pdf), a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas afirma que os/as maiores de 60 ou menores de 35 anos poden solicitar a súa inscrición, sempre antes de que se inicie un novo procedemento de selección para adxudicar as 17 vivendas vacantes, proceso que será inmediato, segundo a propia Consellaría.
A documentación e a información necesaria para darse de alta no rexistro único de demandantes de vivenda están dispoñíbeis na páxina web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (http://igvs.xunta.es/).
O BNG das Pontes ponse á disposición dos veciños e das veciñas que necesiten información e/ou axuda.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios