RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

49

En situación crítica queda o As Pontes tras perder hoxe con outro rival directo, o Vilalonga (2-1). Os ponteses volveron a fallar un penalti no primeiro tempo, no segundo adiantaronse os locais, pero tras o enésimo tiro ó poste de Sergio Arias estivo atento Chicho e situou o 1-1 no marcador, pero de nada serviu, pois nos últimos minutos voltaron a escapar os tres puntos, para un conxunto azul que continua tras varias xornadas con 12 puntos, quedando nunha dramática situación porque a día de hoxe e a pesar de que aínda quedan 23 xornadas, hai seis equipos moi claros que están loitando polo descenso, Estradense (15), Areas (14), As Pontes (12), Betanzos (12), Sanxenxo (8), e Lalín (8). O Negreira que é séptimo pola cola e marca a criba xa está moi lonxe (19). Por riba, o actual descenso de Montañeros e Celta B fai que a día de hoxe baixen seis equipos, que por agora están moi definidos. O seguinte encontro non será nada doado, coa visita o sábado ás 19:00 horas do campión do ano pasado, o Cerceda, no que agardan contar cunha gran bancada e no que so vale gañar.


O equipo feminino de Salido caeu en Monforte por 4 goles a 0, ante un dos mellores equipos da categoría, e a pesar do abultado do marcador, que non reflicte o sucedido sobre o campo, as azuis tiverons moi boas ocasións, magoa que non teñen dianteiras pra rematalas. Co paso dos minutos as monfortinas acabaron impoñendo o seu maior físico pra acabar gañando con claridade. (Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/)
Gran triunfo do Xuvenil A na casa do colista Xuventu Aguiño, 1-5, o que os sitúa na 10ª praza da clasificación con 14 puntos. A semana que ven recibirán ó Atlético Fátima de Santiago, que vai séptimo con 18 puntos. Lidera a clasificación con gran ventaxa, o Vilalbés, con 25 puntos, ano pletórico para os “veciños”, Caranza ten 21, e Compostela e Residencia teñen 19.
Non tivo o seu día o Xuvenil B que dispuxo de moitísimas oportunidades ante o Aspirantes, pero os ferroláns chegaron unha vez e levaronse o encontro e os tres puntos (0-1). Os azuis son novenos con 10 puntos namentres que os ferroláns, que a semana pasada perderon 1-14 co Val, situanse décimos con nove. O As Pontes B xogará a semana que vén en Ferrol ante o penúltimo clasificado Racing San Pedro.
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
Grandísimo resultado o do equipo cadete que sacou un empate a 0-0 na súa visita ó Val no encontro de ida da semifinal de Copa. Non hai que lanzar ás campás ó vo, pois a volta será durísima, anque os azuis esperan contar non so co factor cancha, senon tamén co apoio do público pontés para clasificarse para a final. Foi unha xornada de sorpresas, pois na outra semifinal, o gran favorito, Galicia de Caranza venceu pola mínima (1-0) a un valente Racing San Pedro e a eliminatoria resolverase a semana que vén.
No día D e a hora H, no duelo de primeiros clasificados o Alevín A perdeu contra o Amistade de Meirás por 1-2, tanto de Diego Criado. Aparte da calidade dos dous conxuntos, os de Valdoviño, máis “competitivos”, trouxeron os seus 8 xogadores claves, que xogaron todo o encontro, por parte dos azuis, máis “participativos”, rotaron os 14 xogadores convocados. A.Meirás situase líder solitario con 19 puntos, con 18 quedan As Pontes, Eume B e Caranza B e 16 para Perlío, co que o duelo pola liga mantense en apenas 3 puntos. A semana que vén xogarán co Narón BP C.
alevin.jpg
Perdeu o Alevín B contra o segundo clasificado, Galicia de Mugardos (6-1), e pecha a clasificación xunto a Caranza E e Cedeira B. Reciben a visita do EFR Ferrol C.
Difícil compromiso tiña o Benxamín A que xogaba contra o líder Ortigueira e perdeu por 0-3. Son novenos con 7 puntos e a semana que ven visitan ó Ánimas B.
benxamin_a_0001.jpg
benxamin_a_0001.jpg
benxamin_a_0001.jpg
benxamin_a_0001.jpg
benxamin_a_0001.jpg
benxamin_a_0001.jpg
benxamin_a_0001.jpg
benxamin_a_0001.jpg
benxamin_a_0001.jpg
benxamin_a_0001.jpg
A única alegría do fútbol “pequeno” durante a fin de semana foi a victoria do Benxamín B na súa visita ó Val B (2-3). Suman os tres primeiros puntos da tempada á espera de recibir o sábado que ven ó EFR Ferrol B.
O Prebenxamín A perdeu 2-1 na casa do Narón BP. Son quintos con 12 puntos. O próximo sábado recibirán a visita do Cariño.
Moi ben o Prebenxamín B, que perdeu 0-3 na visita do líder Barallobre, con bastante máis físico. A semana que vén terán outra dura proba, o Rápido de Neda, segundo, empatado a puntos cos de Fene (Foto do porteiro Hugo).
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios