SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 3 SDC GALICIA DE MUGARDOS 1

28

Sufrido triunfo pero tres importantes puntos para o segundo equipo pontés por 3 goles a 1 ante o seu homónimo do Galicia de Mugardos no encontro disputado na tarde de hoxe no Campo Anexo Jose.
Moi ben se lle poñían as cousas ós de Calpita tras adiantarse con goles de Fernando e Danilo, pero pouco durou a ledicia pois apenas intres despois empataron os visitantes nun remate tras saque de falta que ninguén acertou a despexar.
Todo isto nos primeiros quince minutos, de ahí ó descanso resaltar un tiro fora de Danilo tras gran xogada e pase de Borja (27´), Fernando regatea ó porteiro, pero quedase escorado replegandose a defensa (30´) e un tiro cruzado de Junior (45´).
O segundo tempo foi de dominio alterno, pero conforme pasaban os minutos os visitantes botaronse arriba, quedando por dúas veces en boca de gol, pero mandando o balón por alto. Tamén puido marcar Criado co seu guante pero o seu disparo marchou a rentes do pau.
Tivo que ser no 78´, cando un defensa mugardés non atina a despexar, e caelle o balón nos pes a Fernando, que cunha magnífica vaselina, e pese ó posterior intento de despexe do porteiro, o balón acaba no fondo das mallas.
aspontes-mugardos_0001.jpg


Tres puntos moi necesarios para o As Pontes, que agora suma 14, situase undécimo e a semana que vén voltará a xogar en casa ante o equipo de A Capela, buscando os tres puntos para situarse nunha zona máis cómoda.
Xogaron Juan, Hugo (Xabi Pellón 45´), Alex Antón, Carlos, Fran, Mourín (Juan Donapetry 60´), Guille (Adrián Criado 45´), Danilo, Borja, Junior e Fernando (Alex 91´).
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
aspontes-mugardos_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios