TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – CD RECECENDE (8-2)

35

Oitava vitoria do Esteo ante o segundo clasificado, Rececende da Pontenova, por un claro 8-2. Ó descanso o marcador rexistraba un 3-0 a prol dos ponteses. Boa entrada no pavillón municipal da Fraga, uns trescentos espectadores nas gradas.
Gran partido do Esteo diante do segundo clasificado, o Rececende, da Pontenova, ó que agora avantaxa en oito puntos, na derradeira xornada da primeira volta do grupo 8A da Terceira División de fútbol sala. Os ponteses dominaron de principio a fin, cunha moi ordenada defensa e xogando ó contragolpe o que lles permitiu crear moitas ocasións de gol, anotando o primeira tanto ó minuto de comezar o partido e outros dous máis nos instantes finais finais da primeira metade. Pola súa banda, o conxunto lucense tivo dúas boas oportunidades, pero o porteiro Choto, que se estreaba co seu novo equipo, impediu que o balón entrara na súa portería. Na segunda parte seguiu o claro dominio local, que se colocou cun contundente 7-0 ó seu favor. A relaxación dos ponteses permitiu que os visitantes marcaran dous goles, chegándose ó final co resultado definitivo de 8-2. Na vindeira xornada comeza a segunda volta e o Esteo xoga na casa do Trabada.
esteo_0001.jpg


O ESTEO FS: Choto, Fran, Gerardo, Noé, Rubi –cinco inicial- Pellón, Chavo, Santi, Anxo e Diego Pellón.
CD RECECENDE: Illán, Miguilla, Edu, Cancio, Girón –cinco inicial- Diego, Eric e Pablo.
ÁRBITROS: Pena Pereira e Martin Vez, de Ferrol. Amoestaron a Gerardo, Chavo, Miguilla, Cancio e Pablo.
GOLES: Min. 1 (1-0), Noé. Min. 17 (2-0), Noé. Min. 18 (3-0), Rubi. Min. 26 (4-0), Anxo. Min. 28 (5-0), Rubi. Min. 32 (6-0), Noé (dobre panlti). Min. 33 (7-0), Noé (dobre penalti). Min. 34 (7-1), Cancio. Min. 35 (8-1), Diego Pellón. Min. 39 (8-2), Diego.
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios