PARTICIPACIÓN DO ATLETISMO OLYMPO EN LUGO

82

O pasado domingo 20 de Novembro comezou en Lugo o XII Circuito de Carreiras Populares “Corre con Nós”.
Nunha mañá despexada, con gran ambiente e moita participación, deuse o pistoletazo de saída a este circuito que consta de 7 carreiras populares con distancias que oscilan entre os 4 e 6 kilometros a razón dunha carreira por mes ata o vindeiro Xuño.
Dende As Pontes achegáronse 10 integrantes do Clube Atletismo Olympo ademáis de outros atletas locais.


A carreira iniciouse desde as pistas universitarias Gregorio Pérez Rivera, e discorreu pola beira do río, alternando tartán, asfalto, e terreo enlamado, completando un total de 4900 metros para a categoría absoluta, finalizando a proba nada máis e nada menos que 903 atletas.
O gañador absoluto en categoría masculina foi Nicolás Arrojo do clube Halcourier Lucus, seguido de Juan Pena e Juan Trillo, ambos do Total Sport.
En categoría absoluta feminina a gañadora foi a atleta do Atletismo Monte Segade Patricia García, seguida de Eusebia Maldonado e Noemí Moral do Clube Atletismo Ribadeo.
Entre os atletas do Olympo cabe destacar a victoria da gran Susana Castro na categoría de 26-30 anos.
Na categoría de 46-50 anos Modesto Barro foi cuarto, Susana Bellas 5ª en 41-45 anos, sendo 23ª Rocío Fontao. Ana Dopico 7ª en 31-35 anos, tamén foi 7º David Castro na categoría 26-30 anos, proba na que Fernando Vilaboy foi 33º. Tamén concluiu 33ª María Jesús Castro en 36-40 anos, mentres que Abel Pérez e Xalo Maira quedaron 38º e 77º respectivamente na categoría dos de 31-35 anos.
Na clasificación xeral, Modesto Barro 50º, David Castro 53º, Abel Pérez 192º, Fernando Vilaboy 300º, Susana Castro 354º, Xalo Maira 362º, Ana Dopico 382º, Susana Bellas 416º, Rocío Fontao 749º e María Jesús Castro 853º.
Os puntos sumados fan que Modesto Barro lidere a Superliga Galega 2011 na súa categoría con 7555 puntos por diante de Amador Reboreda que ten 6659.
Anque a próxima carreira deste circuito lucense non será ata o vindeiro 14 de Xaneiro, os atletas do Clube Olympo seguirán a disputar competicións ata final de ano.
Para todas as persoas que estean interesadas en adestrar ou competir con eles podense poñer en contacto a través do seu Facebook (Olympo Atletismo) ou por email (atletismoolympo@gmail.com)
Nova cortesía de Susana Castro e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios